Papavermes azul siberiano
| Papavermes azul siberiano | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Luscinia cyanea (lapsus) Luscinia cyane | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O papavermes azul siberiano[1] (Larvivora cyane) é un pequeno paseriforme que inicialmene fora clasificado como pertencente á familia Turdidae, mais que agora adoita considerarse membro da familia Muscicapidae. Antes estaba clasificado como Luscinia cyane. Investigacións recentes indican que esta especie e algúns outros parentes asiáticos deberían clasificarse nun novo xénero, Larvivora, xunto con Larvivora akahige e Larvivora komadori.[2] O nome do xénero Larvivora procede do neolatín larva, 'eiruga' e -vorus, 'devorar', e do latín cyane, 'azul escuro'.[3]
É unha ave migratoria insectívora que se reproduce no Paleártico oriental desde Siberia ao norte de Mongolia, noroeste da China, Corea e Xapón. Inverna no sur e sueste asiático e Indonesia.
O seu hábitat reprodutor son bosques de coníferas con denso sotobosque, xeralmente a carón de ríos ou nos bordos dos bosques. Aliméntase no chan pero deambula moito. En inverno, esta ave tamén tende a permanecer entre a vexetación densa.
É unha especie meirande que o paporrubio. O macho reprodutor é inconundible coas súas partes dorsais azuis e ventrais brancas. A femia é moito máis apagada, con partes dorsais marróns e ventrais abrancazadas. O seu ollo escuro destaca contra o fondo marrón máis claro da cara.
Esta especie é unha ave errante moi rara en Europa, e pode aparecer como vagante ata Paquistán.
O papavermes azul siberiano foi antes situado no xénero Luscinia. Un gran estudo de filoxenia molecular publicado en 2010 atopou que Luscinia non era monofilético. O xénero foi entón dividido, e varias especies, incluído o papavermes azul siberiano, foron trasladadas ao xénero Larvivora.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East Asian Erithacus robin, Erithacus komadori, inferred from cytochrome b sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 899–905. PMID 16529957. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 126, 219. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Papavermes azul siberiano |

