Papamoscas de medio colar
| Papamoscas de medio colar | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
O papamoscas de medio colar[2] (Ficedula semitorquata) é unha pequena ave paseriforme da familia dos papamoscas do Vello Mundo, unha das catro especies de papamoscas brancos e negros do Paleártico occidental. Reprodúcese en bosques de montaña da esquina sueste de Europa (península Balcánica) ata o noroeste de Irán. É migratorio, pasando o inverno en África central e oriental.[3] É unha ave vagante rara en Europa occidental. Os estudos de rastreo que utilizaron xeolocalizadores revelaron que as condicións meteorolóxicas durante a migración de primavera poden ter un grande impacto sobre o momento da migración deste papamoscas e da supervivencia dos adultos.[4]
É un paxaro de 12–13.5 cm de longo, cunha aparencia intermedia entre un papamoscas de colar e un papamoscas negro. A miúdo foi clasificado como unha subespecie do papamoscas de colar.

O macho reprodutor é principalmente negro pola parte superior e branco pola inferior, cun medio colar branco que se estende máis atrás que no papamoscas negro, ten unha mancha alar branca grande, lados da cola brancos e gran mancha branca na fronte. Ten un sobrecú gris claro. O bico é negro e ten unha forma ancha pero aguda típica dos insectívoros aéreos. Captura principalmente insectos en voo; raramente caza eirugas entre a follaxe das árbores como o papamoscas negro.
O macho non reprodutor, a femia e os xuvenís no sitio da cor negra teñen marrón claro, e así pode ser moi difícil distinguilos doutros papamoscas Ficedula, especialmente do papamoscas de colar. Unha diferenza é que os de medio colar poden mostrar unha segunda barra alar branca, pero moitos individuos son son distinguibles no campo.
Os papamoscas de medio colar son aves dos cintos de bosques de folla caduca de zonas montañosas, especialmente de carballos e carpes. Constrúen un niño aberto en ocos de árbores nativas e en niños vellos de petos, e tamén poden ocupar caixas de nidificación.[5] O tamaño da posta é de 4-7 ovos. A súa canción é tamén intermedia entre a do papamoscas de colar e a do papamoscas negro, con asubíos forzados lentos, pero tamén con algúns elementos rítmicos.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. (2018). "Ficedula semitorquata". p. e.T22709319A131879858. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22709319A131879858.en. Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Briedis, M.; Träff, J.; Hahn, S.; Ilieva, M.; Král, M.; Peev, S.; Adamík, P. (2016). "Year-round spatiotemporal distribution of the enigmatic Semi-collared Flycatcher Ficedula semitorquata". Journal of Ornithology 157 (3): 895–900. doi:10.1007/s10336-016-1334-6.
- ↑ Briedis, M.; Hahn, S.; Adamík, P. (2017). "Cold spell en route delays spring arrival and decreases apparent survival in a long-distance migratory songbird". BMC Ecology 17 (11): 11. Bibcode:2017BMCE...17...11B. PMC 5381016. PMID 28376915. doi:10.1186/s12898-017-0121-4.
- ↑ "Semi-collared Flycatcher in Armenia". In online publication "State of Breeding Birds of Armenia". TSE NGO, Armenian Bird Census Council. Consultdo o 1 de setembro de 2017. 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Papamoscas de medio colar |
- [usurpada] Papamoscas de medio colar en Armenia, Consello de Censo de Aves Armenias