Papamoscas de colar
Collared flycatcher | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho adulto | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Área de distribución de F. albicollis Reprodutores De paso Non reprodutores
|
O papamoscas de colar[2] (Ficedula albicollis) é unha pequena ave paseriforme da familia dos muscicápidos, unha das catro especies de papamoscas negros e brancos do Paleártico occidental. Reprodúcese no sueste de Europa (poboacións illadas están presentes nas illas de Gotland e Öland no mar Báltico, Suecia) e leste de Francia ata a Península Balcánica e Ucraína e é un paxaro migratorio, que pasa o inverno na África subsahariana.[3] É unha ave vagante rara en Europa occidental, pero está incluída na lista das aves ibéricas.
Ten unha lonxitude de 12–13,5 cm. O macho reprodutor é principalmente negro pola parte dorsal e branco pola ventral, cun colar branco, unha mancha branca grande nas ás, cola negra (aínda que algúns machos teñen as partes laterais da cola brancas) e unha gran mancha branca na fronte. Ten un sobrecú claro. O bico é negro e ten a forma ancha pero bicuda típica dos insectívoros aéreos. Ademais de capturar insectos en voo, esta especie caza eirugas entre a follaxe dos carballos e come bagas.
Os machos non reprodutores, as femias e os individuos novos teñen cor marrón clara no sitio do negro, e pode ser difícil de distinguir doutros papamoscas Ficedula, especialmente do papamoscas negro (F. hypoleuca) e do papamoscas de medio colar[4] (F. semitorquata), especies coas cales pode hibridar de forma limitada.[5] F. albicollis vis-a-vis F. hypoleuca están especiándose un do outro polo efecto Wallace (reforzo ou reinforcement), como se evidencia polas diferenzas entre a coloración en simpatría fronte á alopatría.[6]
Son paxaros de bosques caducos, parques e xardíns, con preferencia polas árbores vellas con ocos nos cales poden facer o niño. Constrúen un niño aberto nun oco dunha árbore ou en caixas de nidificación feitas polo home. Normalmente poñen de 5 a 7 ovos. A canción son asubíos lentos inconexos, bastante distintos do papamoscas negro. Os papamoscas negros poden imitar a canción do papamoscas de colar en poboacións simpátricas.[7]
O nome do xénero vén do latín e fai referencia a unha pequena ave comedora de figos (ficus, 'figo') que se supoñía que se transformaba na papuxa das amoras en inverno. O epíteto específico albicollis vén do latín albus, 'branco', e collum, "colo".[8]
O papamoscas de colar utilízase como especie modelo en ecoloxía e xenética e foi un dos primeiros paxaros aos que se lle secuenciou o xenoma completo.[9] Os datos espectrométricos repetidos tomados de machos de papamoscas de colar revelaron que a reflectancia da plumaxe debería medirse durante o cortexo, o período principal de sinalización sexual, xa que os trazos espectrais diminúen ao longo da estación reprodutora.[10]
Nas poboacións naturais de F. albicollis parece que a endogamia é rara, pero cando esa ocorre ten consecuencias negativas para características que inflúen na fitness como a taxa de éxito na incubación.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2019). "Ficedula albicollis" 2019: e.T22709315A155539425. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T22709315A155539425.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Briedis, M.; Hahn, S.; Gustafsson, L.; Henshaw, I.; Träff, J.; Král, M.; Adamík, P. (2016). "Breeding latitude leads to different temporal but not spatial organization of the annual cycle in a long-distance migrant". Journal of Avian Biology 47 (6): 743–748. doi:10.1111/jav.01002.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Veen, Thor; Borge, Thomas; Griffith, Simon C.; Saetre, Glenn-Peter; Bures, Stanislav; Gustafsson, Lars; Sheldon, Ben C. (maio de 2001). "Hybridization and adaptive mate choice in flycatchers". Nature 411 (6833): 45–50. Bibcode:2001Natur.411...45V. PMID 11333971. doi:10.1038/35075000.
- ↑ Noor, Mohamed A F (1999). "Reinforcement and other consequences of sympatry". Heredity (The Genetics Society (Nature)) 83 (5): 503–508. ISSN 0018-067X. PMID 10620021. doi:10.1038/sj.hdy.6886320.
- ↑ Haavie, J.; Borge, T.; Bures, S.; Garamszegi, L. Z.; Lampe, H. M.; Moreno, J.; Qvarnström, A.; Török, J.; Saetre, G.-P. (2004-01-29). "Flycatcher song in allopatry and sympatry - convergence, divergence and reinforcement". Journal of Evolutionary Biology 17 (2): 227–237. PMID 15009256. doi:10.1111/j.1420-9101.2003.00682.x. hdl:10067/1032470151162165141.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres, Reino Unido: Christopher Helm. pp. 38, 167. ISBN 978-1-4081-2501-4..
- ↑ Ellegren, Hans; Smeds, Linnéa; Burri, Reto; Olason, Pall I.; Backström, Niclas; Kawakami, Takeshi; Künstner, Axel; Mäkinen, Hannu; Nadachowska-Brzyska, Krystyna (24 de outubro de 2012). "The genomic landscape of species divergence in Ficedula flycatchers". Nature (en inglés) 491 (7426): 756–760. Bibcode:2012Natur.491..756E. ISSN 0028-0836. PMID 23103876. doi:10.1038/nature11584.
- ↑ Hegyi, G.; Laczi, M.; Boross, N.; Jablonsky, M.; Kötél, D.; Krenhardt, K.; Markó, M.; Nagy, G.; Rosivall, B.; Szász , E.; Garamszegi, L.Z.; Török, J. (2019). "When to measure plumage reflectance: a lesson from Collared Flycatchers Ficedula albicollis". Ibis 161 (1): 27–34. doi:10.1111/ibi.12648.
- ↑ Kruuk, Loeske E. B.; Sheldon, Ben C.; Merilä, Juha (2002-08-07). "Severe inbreeding depression in collared flycatchers (Ficedula albicollis)". Proceedings. Biological Sciences 269 (1500): 1581–1589. PMC 1691074. PMID 12184828. doi:10.1098/rspb.2002.2049.