Papagaio de orellas amarelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papagaio de orellas amarelas
Exemplar en Colombia
Exemplar en Colombia
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Psittacoidea
Familia: Psittacidae
Subfamilia: Arinae
Tribo: Arini
Xénero: Ognorhynchus
Bonaparte, 1857
Especie: O. icterotis
Nome binomial
'Ognorhynchus icterotis'
(Massena & Souancé, 1854)

O papagaio de orellas amarelas[2] é unha ave pertencente á familia dos Psitácidos.

Distribución e protección[editar | editar a fonte]

A mediados dos anos 90 do século XX só se coñecían 20 exemplares da especie no Ecuador[3]. No 1998, esta poboación desapareceu e dábase a especie por extinta. Mais había rumores de que sobrevivía unha poboación nos Andes colombianos[3]. Polo que lanzouse o proxecto Ognorhynchus pola Fundación ProAves, a Fundación Loro parque, a American Bird Conservancy e a Zoologische Gesellschaft für Arten und Population sschutz, para a recuperación da especie[3]. No 1991 atopáronse 81 exemplares nos Andes Centrais de Colombia, departamento de Tolima. E en xaneiro de 2001, descubriuse unha segunda poboación de 63 exemplares nos Andes Occidentais, departamento de Antioquía[3]. No 2015 estas poboacións aumentaron os seus efectivos, ata 4251 exemplares en Antioquía e de 949 en Tolima. Debido a isto en 2010, a UICN reduciu a categoría de ameaza de En perigo crítico a En perigo[3]. Esta especie é extremadamente dependente da palma ceroxylon quindiuense, especie tamén ameazada[3]. Por esta razón, era preocupante que as forestas desta especie eran cada vez máis pequenas e estaban máis fragmentadas. Para recuperar a especie leváronse a cabo reforestacións masivas, declaráronse varias reservas naturais e eliminouse o acceso do gando as forestas con exemplares de palma máis xuvenís. Ademais, no ámbito do Parque Nacional Lar Hermosas, tamén se levaron diversas accións para a protección da especie[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ognorhynchus icterotis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Varios. "Os nomes galegos das aves" (PDF). Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Waugh D. (Xuño 2016). "Aratinga orejigualda, el loro que pudo esquivar la extinción". Quercus (364). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]