Paola Rey
Paola Rey | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Paola Andrea Rey Arciniegas |
Nacemento | 19 de decembro do 1979 (43 anos) |
Lugar | Bucaramanga, Santander, ![]() |
Nacionalidade | Colombia |
Profesión | actriz e modelo |
Na rede | |
http://paolareyactriz.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paola Andrea Rey, nada o 19 de decembro de 1979 en Bucaramanga (Santander), é unha actriz colombiana. Acadou sona internacional grazas ó seu papel como Jimena na telenovela colombiana Paixón de gabiáns, emitida en Galiza na TVG acadando moi bos resultados de audiencia.
Biografía[editar | editar a fonte]
Estudante de enxeñaría industrial, deixou a súa carreira para se dedicar por enteiro á súa carreira de actriz televisiva. O seu debut chegou da man de Fuego verde, telenovela colombiana na que daba vida a Graciela, no ano 1998. Nese mesmo ano entrou a formar parte dunha serie xuvenil, Sin límites e comezou a rodaxe da súa segunda telenovela Corazones prohibidos. En 1999 comezou a rodar varias telenovelas, entre elas ¿Por qué diablos? e a que arrebolou cara ao éxito a Paola, La baby sister, na cal dá vida a Fabiana Rivera, e coa que recibiu un gran recoñecemento dos medios.
Tras varios anos de gravacións televisivas, o éxito chegou da man da popular trama televisiva Pasión de gavilanes na que daba vida a Jimena Elizondo, e compartía protagonismo cos actores Michel Brown e Juan Alfonso Baptista. Con este último, rodou en 2004 La mujer en el espejo enredada nun dobre papel, Juliana Soler e Maritza Ferrer.
No 2006 comezou a gravación da súa nova telenovela, Amores de mercado, tendo ao seu carón a actores como Jorge Cao, Vanesa Villela, Mauricio Illas e Michel Brown. Nesta novela dá vida a Lucía Martínez, unha muller sinxela e traballadora que debe sacar adiante o seu fillo, cruzándose na súa vida Diego Valdez, un exfutbolista condenado a 5 anos de cárcere por un crime que non cometeu. Ambos os dous comezan cun tormentoso romance con final feliz.
Actualmente áchase promovendo Montecristo: Entre el amor y la traición compartindo protagonismo con Juan Carlos Vargas. Nesta telenovela dá vida a Laura Franco, unha rapaza que sufrirá o tormento de perder o home que ama, Santiago. Esta telenovela segue a liña do famoso libro Montecristo e da súa antecesora arxentina.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Montecristo (Colombia) (2007) - Laura Franco
- Amores de Mercado (2006) - Lucía Martínez
- La mujer en el espejo (2004) - Juliana Soler/Maritza Ferrer
- Pasión de gavilanes (2003) - Jimena Elizondo
- Como el gato y el ratón (2002) - Giovanna
- La Baby Sister (2000) - Fabiana Rivera
- ¿Por qué diablos? (1999) - Jazmin
- Corazón prohibido (1998)
- Fuego verde (1998) - Graciela
- Sín límites (1998) - Camila