Saltar ao contido

Pantaión de Nicomedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pantaleón de Nicomedia»)
Modelo:BiografíaPantaión de Nicomedia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 280 Editar o valor en Wikidata
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 305 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
Nicomedia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata
PeríodoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de xullo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisEustorgius Editar o valor en Wikidata  e Evvoulí Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata

Pantaión[1] ou Pantaón[1] nado en Nicomedia a finais do século III e finado en 305, foi un médico e mártir cristián. Para o cristianismo occidental é un dos catorce santos auxiliadores mentres para o oriental é un dos santos anárxiros. A súa festa é o 27 de xullo.

Haxiografía

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición haxiográfica, seu pai era o pagán Eustorxio, un podente cidadán de Nicomedia, e die Eubula, que o educou no cristianismo aínda que ao medrar arredouse da relixión, baixo a guía de Eufrosino estudou medicina e chegou a ser o médico persoal do emperador Galerio Maximiano.

Volveu ao cristianismo por mediación do presbítero Hermolao e, á morte de seu pai, entrou en posesión dunha gran fortuna e a denteira fixo que o denunciasen durante a persecución de Diocleciano mais este non lle desexaba mal ningún e intentou convencelo para que abxurase. Así e todo, Pantaión confesou abertamente a súa fe e como proba de ser Xesús o verdadeiro deus curou un paralítico, secasí o emperador sentenciouno a morte. Primeiro intentaron queimalo, mais o lume apagouse, deseguido mergullárono en chumbo derretido pero milagrosamente arrefriou. Despois guindárono ao mar cunha pedra atada no pescozo, pero a pedra comezou a aboiar. Máis adiante intentárono con feras pero no canto de esnaquizalo agarimábano, seguidamente amarrárono a unha roda pero as cordas e a roda quebraron. Fíxose unha tentativa de escabezalo, mais a espada alombábase. Reiteradamente Pantaión oraba a Deus para que perdoase os seus verdugos. Finalmente feneceu, logo de dar o seu consentimento, ao escabezalo baixo unha figueira seca que floreceu ao recibir o seu sangue.

Os textos haxiográficos que conteñen eses acontecementos milagreiros son serodios e con pouco valor[2]. Existen testemuños da súa verenación no século V, entre outros o sermón dos mártires de Teodoreto (finado c. 460);[3] Procopio de Cesarea (finado c. 562) afirma en De aedificiis Justiniani que o emperador Xustiniano I reedificou un santuario dedicado a Pantaión en Nicomedia; e hai unha mención á súa figura no Martyrologium Hieronymianum.

Reliquias

[editar | editar a fonte]

Seguindo a tradición numerosas igrexas afirman contar con reliquias do santo, as máis coñecidas son a basílica de Saint-Denis en París e a catedral do Porto. O seu brazo consérvase na igrexa de San Pantalon en Venecia; e a súa cabeza en Lión. O seu sangue conservábase orixinalmente nun único e gran recipiente custodiada na igrexa dedicada ao Santo en Ravello e máis tarde transladouse ao Duomo desa localidade. Os bispos de Ravello comezaron a doar pequenas cantidades a outras localidades, e así existen ampolas custodiadas en Constantinopla, Montauro, Martignano, Limbadi, Caiazzo, na igrexa do Purgatorio de Lanciano, na igrexa do Santísimo Salvador en Irsina e no mosteiro da Encarnación de Madrid.

Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca.

É avogoso dos que teñen dores de cabeza, dos tuberculosos e contra da praga de lagosta[4]

Os catorce santos auxiliadores

En Galicia é titular de dúas parroquias, San Pantaión das Viñas e mais San Pantaión de Cabanas.

  1. 1 2
  2. ↑ Klemens, Löffler (1911). "St. Pantaleon". The Catholic Encyclopedia 11. Robert Appleton Company.
  3. ↑ Graecarum affectionum curatio, Sermo VIII, "De martyribus", publicado en Migne, Patrologia Graeca, LXXXIII 1033
  4. ↑ William A. Christian (1989) Local Religion in Sixteenth-century Spain Princeton University Press, p. 71