Pandemia por coronavirus de 2020 en San Vicente e as Granadinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A pandemia por coronavirus de 2020 en San Vicente e as Granadinas é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019. O 11 de marzo de 2020 confirmouse o primeiro caso detectado no país. A data do 8 de novembro de 2020 confirmáronse 76 casos.[1]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Marzo[editar | editar a fonte]

O 11 de marzo San Vicente e Granadinas confirmou o seu primeiro caso, unha muller que viaxara desde o Reino Unido a San Vincente a través de Barbados.[2]

O 27 de marzo de 2020, o ministro de Sanidade, o senador Luke Browne, anunciou que o paciente contaxiado por coronavirus dera agora negativo nunha nova proba, deixando o país sen ningún caso de COVID-19.[3] Ata esa data realizáranse 31 probas no país.[4] O 1 de abril confirmouse o segundo caso.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer". www.worldometers.info (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  2. "St. Vincent confirms first case of coronavirus disease COVID-19" (en inglés). 11 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  3. "St. Vincent and Grenadines now coronavirus-free says health minister" (en inglés). 28 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  4. "St. Vincent and the Grenadines COVID-19-free" (en inglés). 27 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  5. "BREAKING: St Vincent Records Its Second Case Of COVID -19" (en inglés). 1 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2020. Consultado o 4 de abril de 2020.