Pana Pana é unha área non municipalizada de Colombia que se atopa no departamento de Guainía. Segundo o censo de 2025, tiña unha poboación de 3149 habitantes.[1] Composto polos centros poboados: Campoalegre e Venado Isana. Limita polo norte coas áreas non municipalizadas de Puerto Colombia e Morichal Nuevo, polo concello de Inírida (a capital departamental) e polo sur co Brasil.
En 2019, houbo un intento de transición das áreas non municipalizadas de San Felipe, Pana Pana, Puerto Colombia a concello con cabeceira en San Felipe, mais a comunidade dos correxementos implicados votou negativamente nunha consulta popular.