Palhwisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palhuissa»)

Palhwisa (Palhuissa) foi un reino ao nordeste do Imperio, abrazando unha rexión que foi saqueada polos kaskas sobre o -1330 e na que o rei Suppiluliumas I fixo operacións na parte final do seu reinado. O reino era probabelmente vasalo dos hititas.

Na segunda campaña de Mursilis II (terceiro ano de reinado) o rei volveu combater en Ishupitta, onde outra vez obtivo a vitoria, pero os líderes da revolta, Pazzanna e Nunnuta, antigos vasalos dos hititas, puideron fuxir, e dirixíronse a Palhwisa (Palhwišša) onde tiveron que recrutar continxentes locais, que non serían inimigo para o exército regular hitita, que os derrotou, e o rei puido destruír a cidade polo lume e saqueouna; o exército dos kaskas fuxiu; entón o rei dirixiuse a Istahara, onde acampou, e desde onde enviou gran á capital; os xefes rebeldes dirixíronse á cidade de Kammamma, e o rei pediulles a entrega ou en caso contrario destruiría a cidade; a cidade colleu aos dous rebeldes e matounos e despois someteuse a Mursilis.