Palau Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palau Nacional (Barcelona)»)
Palau Nacional
O Palau Nacional visto dende a avenida de Maria Cristina
CoordenadasCoordenadas: 41°22′06″N 2°09′12″L / 41.368333333333, 2.1533055555556
editar datos en Wikidata ]
O Palau Nacional de noite.

O Palau Nacional (en galego "Pazo Nacional"), situado en Montjuïc, Barcelona, é un palacio construído entre 1926 e 1929 para a Exposición Internacional de Barcelona de 1929 e que dende 1934 aloxa o Museo Nacional de Arte de Cataluña.[1] Foi o edificio principal da Exposición, obra de Eugenio Cendoya e Enric Catà, baixo a supervisión de Pere Domènech i Roura, sendo descartado o proxecto inicial de Puig i Cadafalch e Guillem Busquets.[1] No Saló Oval efectuouse a cerimonia de inauguración da Exposición, presidida por Afonso XIII e a raíña Vitoria Uxía.[1]

Ten unha superficie de 32 000 m². De estilo clásico inspirado no Renacemento español, ten unha planta rectangular con dous corpos laterais e un posterior cadrado, cunha gran cúpula elíptica na parte central. As fervenzas e fontes da escalinata do Palau foron obra de Carles Buïgas, e colocáronse grandes proxectores que aínda hoxe se acenden para emitir luz que escribe o nome da cidade no ceo.[1]

O Palau Nacional abeira unha grande exposición de arte española, con máis de 5 000 obras procedentes de todo o territorio do Estado. Na súa decoración –de estilo novecentista, contrariamente ó clasicismo da obra arquitectónica–, interviñeron diversos artistas, como os escultores Enric Casanovas, Josep Dunyach, Frederic Marès e Josep Llimona, e os pintores Francesc d'Assís Galí, Josep de Togores, Manuel Humbert, Josep Obiols, Joan Colom e Francesc Labarta.

Entre 1996 e 2004, o palau padeceu unha ampliación a cargo de Gae Aulenti, Enric Steegman, Josep Benedito e Agustí Obiol, co obxectivo de crear espazos para poder acoller todas as obras da colección.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]