Palaemon macrodactylus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palaemon macrodactylus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Palaemonoidea
Familia: Palaemonidae
Subfamilia: Palaemoninae
Xénero: Palaemon
Especie: P. macrodactylus
Nome binomial
Palaemon macrodactylus
H. J. Rathbun, 1902 [1][2]

Palaemon macrodactylus é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).[2]

A especie foi descrita en 1902 por H. L. Rathbun en: Rathbun, M. J. (1902): "Japanese stalk-eyed crustaceans", Proceedings of the United States National Mu­seum 26: 23-55.[2]

Distribución[editar | editar a fonte]

A área de distribución orixinal desta especie son os estuarios ao longo das costas do Xapón, a China e Corea (o que xustifica un dos seus nomes en inglés, Oriental shrimp, "camarón oriental").
Pero na actualidade vive tamén no océano Índico, en todo o Atlántico oriental, chegando até o mar do Norte, e en todo o Pacífico leste e no suroccidental.[2]

Suponse que chegou até Europa a través de barcos de transporte. En Bélxica observouse por primeira vez en 2002, no Zeeschelde (costa ao redor da desembocadura do río Escalda e, máis tarde, tamén no porto de Zeebrugge (localidade na costa belga pertencente á cidade de Bruxas, en Ostende e no estuario do Yser.[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

É obxecto de pesca comercial no Pacífico, no Índico leste,[4] así como no Atlántico leste central e meridional.</ref name=W/A

Nome galego[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón emigrante.[4]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón delta
  • Francés: bouquet-migrateur [5]
  • Inglés: migrant prawn

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palaemon macrodactylus M. J. Rathbun, 1902 no SIIT
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Palaemon macrodactylus Rathbun, 1902 no WoRMS.
  3. VLIZ Alien Consortium. Flanders Marine Institute. Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Special Publication: Non-indigenous species of the Belgian part of the North Sea.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.
  5. Outro nome francés é crevette à grandes pinces, "camarón de pinzas longas".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
  • Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]