Paladas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século IV Alexandría |
| Morte | século V Alexandría |
| Actividade | |
| Ocupación | poeta, epigramatista |
Paladas (en latín Palladas, en grego antigo Παλλαδάς), foi un poeta grego que escribiu un gran número de epigramas que aparecen na Antoloxía grega, que algúns estudosos consideran o mellor da colección, pero outros non comparten esta postura e os cren inútiles. En realidade, son dunha elegante mediocridade. Uns poucos epigramas máis, case cen, recólleos a Antoloxía palatina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Todo o que se sabe do poeta provén dos propios epigramas. Segundo os manuscritos conservados no Vaticano, era natural de Alexandría. O gramático romano de oriente Xoán Tzetzes sitúao entre Proclo e Agatías, e polo tanto viviría entre os séculos IV e V. Nun dos seus epigramas fala da filósofa Hipatia, filla de Teón, que aínda vivía cando escribiu o poema e que morreu no ano 415. Paladas formouse como gramático e mestre de escola, unha profesión que, segundo di, profesou debido á súa pobreza e á que debía renunciar, ao parecer, nalgún momento. Outros poemas aluden á súa esposa, da que se queixa amargamente nos seus versos e di que era unha rosmona.
Tense debatido se Paladas era cristián ou pagán, xa que os seus epigramas non son totalmente claros sobre o tema. Ten un dístico sobre os mosteiros de monxes nun ton moi cáustico, pero que podería ter sido escrito por un cristián. Hai outro epigrama irónico onde explica que as estatuas das deidades pagás se converten en santos cristiáns, un testemuño importante desta práctica. Pero o epigrama 70 dá a información máis clara de que era pagán, xa que fala amargamente do Edicto de Teodosio que ordenaba a destrución de templos e ídolos pagáns.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palladas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 94.