Saltar ao contido

Paks Margareeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paks Margareeta
Talín Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Material / ingrediente
Implicados
 Ocupante
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Paks Margareeta é unha torre de Talín, en Estonia.[1] Hoxe en día, a torre é sede do Museo Marítimo de Estonia.

A torre foi construída a principios do século XVI (de 1511 a 1530) durante a reconstrución do sistema de portas da cidade medieval. A etimoloxía do nome da torre deriva de que era a maior parte das fortificacións da cidade con muros de 25 metros de diámetro, 20 metros de altura e ata 5 metros de grosor. Ademais de ser unha fortificación contra os posibles invasores do porto da cidade, tamén foi construída para impresionar aos visitantes externos que chegaban por mar.[2]

A torre é unha estrutura defensiva ao final da Pikk tänav (rúa Pikk). Xunto co Suur Rannavärav (Gran Porta Costeira), un arco do século XVI franqueado por dúas torres, serviu para defender o porto de Talín. Posteriormente, utilizouse como almacén de pólvora e armas, para logo transformarse en prisión, e foi escenario dun estalido de violencia durante a Revolución de 1917, cando os gardas da prisión foron asasinados por unha turba de obreiros, soldados e mariñeiros.[3] Na década de 1920 proxectouse a súa transformación nunha casa de artistas.[4] TA torre foi reconstruída entre 1978 e 1981 para albergar o Museo Marítimo de Estonia.[5]

  1. "X-GIS(3) Portal". xgis.maaamet.ee. Consultado o 16 de febreiro de 2022.
  2. "Great Coastal Gate and Fat Margaret tower". Tourism.Tallinn.ee. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 15 de marzo de 2012.
  3. "Paksu Margareeta lahendamata saladus". Rahvaleht nr 214, 16 de novembro de 1938. Lk 4
  4. "Prison to Be Home of Art". The Roanoke Times (Roanoke, VA). 29 de xuño de 1925. p. 6. Consultado o 27 de outubro de 2024 vía Newspapers.com.
  5. "The Great Coastal Gate". Paks Margareeta (en inglés). Consultado o 2022-02-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]