Pak Doo-ik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pak Doo-ik
Información persoal
Nome Pak Doo-ik
Nacemento 17 de marzo de 1943
Lugar de nacemento Pyongyang
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista e dianteiro
Selección nacional
Anos Equipo Aprs (Gls)
1966 Corea do Norte 5 (2)
Na rede
FIFA: 174832 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pak Doo-Ik (en coreano: 박두익), nado en Pyongyang o 17 de decembro de 1943, é un exfutbolista norcoreano.

Carreira[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección de Corea do Norte, e representou a esta no Mundial de 1966 en Inglaterra, marcando o gol contra Italia en Ayresome Park, que lle deu ao equipo norcoreano o histórico pase aos cuartos de final, sendo a primeira vez que o conseguía un equipo que non fose nin europeo nin iberoamericano. Disputou tamén o partido de cuartos contra Portugal, no que o seu equipo comezou gañando 3-0, ata que Eusébio anotou catro goles para darlle a volta ao marcador, pechando a remontada José Augusto cun quinto gol.[1]

En 2002 apareceu no documental The Game of Their Lives, do cineasta británico Daniel Gordon, no que se contaba a historia da selección norcoreana no Mundial de 1966.[2]

Despois da vitoria, Pak, que era cabo do exército norcoreano, foi ascendido a sarxento. Pouco despois deixou o exército e o fútbol e converteuse en profesor de ximnasia.

Durante o paso do facho olímpico por Pyongyang en 2008, foi o primeiro en transportar o facho.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Portugal - Corea do Norte 1966". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2021. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  2. "Pak Doo Ik takes the spotlight once more" (en inglés). 16 de outubro de 2002. Consultado o 3 de maio de 2021. 
  3. "Pyongyang Torch Relay Passes Without Hitch" (en inglés). 29 de abril de 2008. Consultado o 3 de maio de 2021.