Pais fundadores dos Estados Unidos

Os Pais fundadores dos Estados Unidos de América (en inglés: Founding Fathers of the United States of America) foron líderes políticos e estadistas que participaron na Revolución Americana, asinaron a Declaración de Independencia de 1776, tomaron parte na Guerra de Independencia e contribuíron ao establecemento da Constitución dos Estados Unidos.[1]
Moitos dos Pais Fundadores posuían escravos afroamericanos e a Constitución de 1787 recoñecía a escravitude dentro do sistema xurídico dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, estes líderes impulsaron medidas para limitar a escravitude nalgúns territorios, como a prohibición da escravitude na Ordenanza do Noroeste de 1787 e a abolición da trata internacional de escravos en 1807.
Termo e membros
[editar | editar a fonte]Dentro do conxunto coñecido como “Pais Fundadores” recoñécense dous subgrupos principais: os firmantes da Declaración de Independencia e os autores da Constitución estadounidense. Ademais, existe un subconxunto adicional que asinaron os Artigos da Confederación como primeiro marco de goberno nacional.[2]
O historiador Richard B. Morris identificou como figuras clave entre os Pais Fundadores a John Adams, Benjamin Franklin, Alexander Hamilton, John Jay, Thomas Jefferson, James Madison e George Washington, sendo varios deles autores da colección de ensaios coñecida como The Federalist, que defendía a ratificación da Constitución.
Algúns historiadores amplían a definición de “Pais Fundadores” para incluír non só aos asinantes e redactores da Constitución, senón tamén a políticos, xuristas, estadistas, militares, diplomáticos e cidadáns que contribuíron á independencia de América do Norte e á creación dos Estados Unidos de América. Ademais, James Monroe, promotor da chamada doutrina Monroe en 1823, é a miúdo identificado polos historiadores como "o último dos Pais Fundadores".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morris, Richard B. (Richard Brandon) (1973). Seven who shaped our destiny; the Founding Fathers as revolutionaries. Nova York, Harper & Row. ISBN 978-0-06-013078-7.
- ↑ Minas, Estado de. "Identidade americana: Saiba quem foram os 'Pais' fundadores dos Estados Unidos". Flipar (en portugués). Consultado o 2026-01-03.
- ↑ "Resumo do Capítulo". O Último Pai Fundador (en portugués). Consultado o 2026-01-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pais fundadores dos Estados Unidos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- NARA - America's founding fathers (en castelán e inglés)