Pagai do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pagai do Norte
Pulau Pagai Utara
Mapa da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Mentawai
MarOcéano Índico
Coordenadas2°42′00″S 100°05′00″L / -2.70000, -100.08333Coordenadas: 2°42′00″S 100°05′00″L / -2.70000, -100.08333
Xeografía
Superficie622´3 km²
Longura máxima40 km.
Largura máxima27 km.
Punto máis alto336 m. Gunung Sabeu
Demografía
Poboación14.743 hab. (2010)
Densidade23´69 hab./km²

Pagai do Norte (en indonesio: Pulau Pagai Utara) é unha das illas Mentawai na costa occidental de Sumatra en Indonesia. Está ao sur da illa de Sipura e ao norte de Pagai do Sur (ou Pagai Selatan).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa está a 134,7 quilómetros ao sur de Sumatra, o punto máis alto alcanza os 336 m[1] sobre o nivel do mar. A illa mide 40 km de longo e ata 27 km de largo e posúe unha superficie de 622´3 quilómetros cadrados gran parte da cal está cuberta por bosques tropicais. Pagai do Norte e do Sur tiñan unha poboación conxunta de 20.974 habitantes no ano 2000.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1792 chegou a un buque da Compañía Británica das Indias Orientais ás Illas Pagai. Só en xullo de 1864 Pagai do Norte fíxose parte das Indias Orientais Neerlandesas. En 1901 misioneiros alemáns estableceron unha misión na costa sur. O primeiro misioneiro foi asasinado, e non foi ata 1915 que converteuse o primeiro nativo. Desde mediados da década de 1990, os surfistas australianos descubriron que varias illas tamén eran boas para o surf. O turismo ten un alcance modesto pero crecente.

Despois do terremoto fronte á illa de Sumatra en 2004, a actividade sísmica sufriu un grande aumento.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]