Padrón ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O padrón ouro é o estándar monetario que vincula o valor diñeiro dun país, calquera que sexa a súa denominación, a unha cantidade determinada de ouro, é dicir, a unidade monetaria dun país fai referencia á unha porción de ouro. Foi o paradigma que se mantivo dominante no mundo ata mediados do século XIX. Por tal modelo, que era unha herdanza da evolución das actividades mercantís e económicas (Mercantilismo), todas as divisas dun estado así como toda a cantidade de diñeiro dunha persoa podería ser expresada nunha cantidade de ouro. Desta feita, se alguén durante o século XIX tivese unha peseta, equivalería dicir que tal persoa era dona de 0,290322 gramos de ouro, e así por diante.[1][2][3]

Cando o comercio expandiuse no mundo, co acontecemento das navegacións e descubrimentos por parte de España e Portugal, principalmente, e das formacións das compañías mercantís, como a Compañía Holandesa das Indias Orientais, por exemplo, as operacións de compravendas e de crédito eran feitas tendo como medio de pagamento prata e ouro, pero este último acabou por prevalecer porque pequenas cantidades representaban valores maiores, o que favorecía o manexo de grandes sumas, isto sen contar outros factores como a súa resistencia á corrosión e a súa durabilidade.[3][4]

Malia a fiabilidade do ouro como diñeiro, paulatinamente foi substituído polos billetes bancarios, por motivo de comodidade e seguranza, porén mesmo naquel tempo era común a práctica da convertibilidade, que era posibilidade do diñeiro de papel ser facilmente cambiable por ouro, e así reciprocamente. Por fin, por cuestións de política económica, os países abandonaron para sempre o padrón ouro e xa na primeira metade do século XX non era máis utilizado.[1][5]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Antes da existencia do diñeiro, non se pode afirmar que xa non existise comercio, que nos estadios incipientes era feito por medio de simple troco. Sucede, porén, que unha economía con espeque no troco non ten como atinxir alto grao de complexidade por causa dun impedimento práctico: é imposíbel estabelecer un paradigma de valor que contemple a todos os acordos de cambio de bens.[6]

Hipoteticamente, se existisen só dous produtos para seren trocados, naturalmente xurdiría un padrón no cal certa cantidade dun equivalería a certa cantidade doutro. Porén, se aparecese máis un produto en tal ambiente, necesariamente xurdirían novos padróns de equivalencia entre o produto novo e os xa existentes. E, na entrada doutros bens, máis e máis relacións de equivalencia serían indispensables.[6]

Produto 1
Produto 2
Produto 3
Produto 4
Produto 5
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Co tempo, entendeuse que algúns bens por súas características propias eran máis adecuados ca outros, polo que eles pasaron ser a visados na forma dun tipo de avaliación intermediaria entre outros dous bens. Ou sexa, non sería máis necesario existiren varias formas de correspondencia entre varios bens mais só diante dun determinado ben e, cando acontecese de trocar dous produtos distintos, sería moito máis doado estimar canto cada un dos dous valería en relación ao terceiro. Vestixios desas relacións de troco interpoladas están inda presentes nas varias linguas do mundo, como, por exemplo, no galego, a palabra "pecuniario", que vén de pecunia, ou gando, pois o gando[a] xa foi un ben que serviu de moeda, ou "salario", que vén de sal, que era un xeito como os romanos pagaban por servizos e bens.[7][8]

Produto 1
Produto 2
Produto 3
Produto 4
Produto 5
Produto 6
Diñeiro
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Non se pode apuntar o exacto instante da civilización que o diñeiro xurdiu, mais axinã o concepto xurdiu acabou por se espallar, e sábese de diñeiro circulando ao redor do ano 2500 aec. Mentres tanto, empezou o uso dos metais e, basicamente por causa da súa practicidade, pasaron a ser usados como diñeiro, sendo atopadas moedas metálicas no século VII aec.[9][10]

Alén de seren un xeito práctico de acumular e de transportar o diñeiro, que de feito é só outro ben consumible e que ten un valor intrínseco, pola súa rareza os metais preciosos acabaron por tornarense a forma máis común de diñeiro.

A cuñaxe de moedas en metais preciosos foi só unha consecuencia para un modo máis doado de transporte e cambio. Axiña tamén, cando os estados tornáronse entes con supremacía por sobre a poboación en xeral, os gobernantes aseñoraronse sobre tal actividade.[11][12]

O establecemento do ouro como padrón monetario non se debe a ningunha orde de calquera país ou seberano, pero é debido a súa rareza e súa funcionalidade, é dicir, o ouro impúxose naturalmente. Porén, non se pode falar en monometalismo puro en relación ó ouro, porque en varios períodos el circulou en paralelo a outros metais, de modo máis común coa prata, nun paradigma que é o principal exemplo de bimetalismo. O proceso enteiro correu dende a idade antiga ata mediados do século XIX.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "¿Qué es y cómo funciona el patrón oro? ¿Cuándo desapareció?" (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  2. Esteves, Rui Pedro; Ferramosca, Fabiano (2000). "O mecanismo dos câmbios em padrão-ouro. Estabilidade cambial e violações dos pontos de ouro, 1854-1891" (PDF) (en portugués). Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Sistema monetário na Espanha" (en portugués). Consultado o 16 de febreiro de 2016. [Ligazón morta]
  4. "Grandes navegações: Portugal e Espanha se lançam ao mar no século 15" (en portugués). 31 de xullo de 2005. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  5. Deltell, Luis (31 de marzo de 2015). "El sistema monetario: del patrón oro al dinero fiduciario" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 "História da moeda" (en portugués). Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  7. "Origem e Evolução do Dinheiro" (en portugués). Banco Central do Brasil. Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  8. "Origem da palavra Salário" (en portugués). Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  9. "Lídia, o reino das moedas" (en portugués). Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  10. "Historia Moneda Española" (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2016. 
  11. "Cunhagem" (en porutugés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  12. Cartwright, Mark (27 de novembro de 2013). "Roman Coinage" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  13. "O padrão ouro" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  14. Velde, François; Weber, Warren. "A model of bimetallism" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.