Pacto de Biak-na-Bató
O Pacto de Biak-na-Bató foi un acordo entre as faccións rebeldes filipinas e as tropas españolas durante a revolución levada a cabo pola sociedade secreta Katipunan, fundada por Andrés Bonifacio contra o goberno colonial que puxo fin á primeira parte da súa insurrección.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Tras séculos de dominación española, en agosto de 1896, o Katipunan inicia a revolución contra o goberno español, co fin de obter a independencia. A finais de mes, levántanse varias poboacións da Provincia de Cavite, declarando a independencia de Filipinas. Unha das ordes de alistamento asinadas por Emilio Aguinaldo, caeu en mans do Gobernador Político-Militar da provincia, Fernando Parga, ordenando este ao Capitán Xeneral, Ramón Blanco y Erenas, que sufocase a insurrección.[1]
O 30 de decembro dese ano, José Rizal acusado como responsable da revolución, por ser o presidente honorario do Katipunan, é fusilado, feito que lonxe de tranquilizar aos insurxentes, reafírmaos nos seus propósitos.
En abril de 1897, Camilo Polavieja é relevado por Fernando Primo de Rivera, xeneral que intensifica as accións contra os rebeldes, obrigándoos a refuxiarse nas montañas. En xuño, Emilio Aguinaldo, instala o seu cuartel xeral na serra de Biak-na-Bató e a finais de ano, o incremento no recrutamento en España e as divisións entre os partidarios de Andrés Bonifacio e os partidarios de Aguinaldo, permiten ás tropas gobernamentais recuperar varias prazas en Cavite.
Condicións do pacto
[editar | editar a fonte]Durante meses, o avogado Pedro Alejandro Paterno, que actúa como intermediario entre as distintas partes, viaxa entre Manila e Biak-na-Bató, co fin de elaborar un acordo que queda finalmente por el mesmo e por Fernando Primo de Rivera, o 14 de decembro de 1897 nos seguintes termos:
- Aguinaldo e os líderes que decidisen seguilo, establecerían a súa residencia en Hong Kong e recibirían 800.000 pesos, como indemnización. Un primeiro prazo de 400.000 pesos, debía ser abonado ao entregarse as armas de Biak-na-Bató. Os 200.000 seguintes, cando as armas entregadas chegasen a 800 e o resto, cando a cifra alcanzase as 1.000, tras cantarse o Te Deum, na catedral de Manila, en acción de grazas.
- Todo o diñeiro debería ser entregado a Aguinaldo, que, xunto aos seus compañeiros quedaría en completa liberdade.
- Primo de Rivera debería enviar dous homes a Biak-na-Bató como prisioneiros, que serían liberados ao chegar Aguinaldo a Hong Kong e abonarse o primeiro pago.
- Debía establecerse a autonomía no réxime político e administrativo, suprimíndose as Corporacións relixiosas. Primo de Rivera, comprometeuse a cumprir este punto pero non se puxo por escrito, por considerarse humillante para o goberno español.
Do pactado, Primo de Rivera só cumpriu co primeiro pago, enviando unha carta a Aguinaldo, por medio do seu sobriño, Miguel Primo de Rivera, na que lle informaba de que non podería volver a Filipinas.[2]
Trala firma
[editar | editar a fonte]- Isabelo Artacho parte coa convención de paz aprobada polo Gobernador Xeral o 14 de decembro.
- O día 16 de decembro, Emilio Aguinaldo transmite as ordes de pacificación.
- Pedro Alejandro Paterno sae de San Miguel de Mayumo xunto aos xenerais Celestino Fernández Tejeiro e Ricardo Monet, membros do equipo do Gobernador Xeral, e o seu sobriño, o Tenente Coronel Miguel Primo de Rivera, o 23 de decembro.
- O 24 de decembro, a comitiva chega a Biak-na-Bató e é recibida e escoltada por Isabelo Artacho e Jose Salvador Natividad ao cuartel xeral segredo de Aguinaldo na Cova do Morcego.
- Aguinaldo, o 25 de decembro, parte de Biak-na-Bató cos seus homes e os reféns cara a Lingayén, onde o goberno español ha posto á súa disposición un vapor de transporte para levalos a Hong Kong. Á saída, o goberno español debe entregar a Baldomero Aguinaldo, a través de Pedro Paterno, un cheque á orde, do Banco Hispano-Filipino, para cobrar 400.000 pesos nun banco de Hong Kong.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco intentó sofocar la insurrección mediante políticas de acercamiento, hecho que no gustó en Madrid, por lo que lo sustituyeron por el General Camilo Polavieja
- ↑ Meses más tarde, Isabelo Artacho, Secretario del Interior del Gobierno Filipino de Biak-na-bato entre septiembre y diciembre de 1897, amenazó a Aguinaldo con llevarlo a los tribunales si no le pagaba los 200.000 pesos que consideraba que era su parte de la indemnización
- ↑ Los hombres de Aguinaldo podían llevar consigo sus revólvers y dos rifles
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pacto de Biak-na-Bató |