Paco Vidarte
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1970 ![]() Sevilla, España ![]() |
Morte | 29 de xaneiro de 2008 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | Linfoma ![]() |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade Pontificia Comillas - filosofía Universidad Nacional de Educación a Distancia - filosofía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, filósofo, activista LGBT, escritor, catedrático ![]() |
Xénero artístico | Ensaio ![]() |
![]() ![]() |
Francisco Javier Vidarte Fernández, máis coñecido como Paco Vidarte, nado en Sevilla o 1 de marzo de 1970 e finado en Madrid o 29 de xaneiro de 2008, foi un filósofo, escritor e activista polos dereitos LGBT.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paco Vidarte naceu en Sevilla o 1 de marzo de 1970. Licenciouse en Filosofía (con premio extraordinario de licenciatura) pola Universidade Pontificia Comillas. Posteriormente, cursou estudos de mestrado en Teoría Psicanalítica na Universidade Complutense de Madrid e de doutoramento en Filosofía (con premio extraordinario de doutoramento) pola Universidade Nacional de Educación a Distancia. Presentou a súa tese sobre o filósofo Jacques Derrida o 27 de novembro de 1998.[2]
Dende 2002, Vidarte foi profesor titular do Departamento de Filosofía da UNED. Impartiu cursos e seminarios sobre teoría queer, Derrida ou o pensamento francés contemporáneo.[2] Escribiu e traduciu máis de 20 libros e artigos sobre estes temas.[2] Así mesmo, participou en relatorios, congresos e seminarios internacionais.
Por outra banda, Vidarte militou en grupos LGBT como a Radical Gai, e foi unha das figuras pioneiras no campo da teoría queer en España.[3] Neste eido, publicou xunto con Ricardo Llamas os volumes Homografías (1999) e Extravíos (2001),[4] e coeditou con David Córdoba e Javier Sáez o libro Teoría queer (2005).
Tras as reformas lexislativas do goberno socialista español, centrou os seus esforzos en transmitir a idea de que a loita do movemento LGBT non remataba coa legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Así, en Ética marica (2007), o seu derradeiro libro publicado en vida, desenvolveu unha forte crítica ás políticas asimilacionistas de parte do colectivo LGBT en España, defendendo no seu lugar unha ética da diferenza e radicalmente inclusiva.[5]
Paco Vidarte faleceu en Madrid o 29 de xaneiro de 2008, a causa dun linfoma.[1]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Como autor
[editar | editar a fonte]- Jacques Derrida (1998), xunto con Cristina de Peretti.
- Homografías (1999), xunto con Ricardo Llamas.
- Extravíos (2001), xunto con Ricardo Llamas.
- Derritages: une thèse en déconstruction (2001)
- Guerra y filosofía: la concepción de la guerra en el pensamiento filosófico (2002), xunto con José García Caneiro.
- Filosofías del siglo XX (2005), xunto con F. Rampérez.
- ¿Qué es leer? La invención del texto en filosofía (2006)
- Ética marica: proclamas libertarias para una militancia LGTBQ (2007)
- Por una política a caraperro: placeres textuales para las disidencias sexuales (2021). Edición póstuma a cargo de Javier Sáez e Fefa Vila.
- Textos filosóficos (1996-2008) (2022). Edición póstuma a cargo de Javier Sáez.
Como editor
[editar | editar a fonte]- Marginales: leyendo a Derrida (2000).
- Teoría queer (2005), xunto con David Córdoba y Javier Sáez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Benito 2008.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Dialnet 2024.
- ↑ Véllez-Pellegrini 2009.
- ↑ Europa Press Cultura 2001.
- ↑ Perriam 2013, p. 83.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benito, Emilio de (2008). "Paco Vidarte, militante gay". El País (en castelán). Consultado o 11/02/2025.
- Dialnet (2024). "Paco Vidarte". Dialnet (en castelán). Consultado o 11/02/2025.
- Europa Press Cultura (2001). "Almudena Grandes presentó el libro 'Extravíos', de Ricardo Llamas y Javier Vidarte, una reflexión sobre el mundo gay". Europa Press (en castelán). Consultado o 11/02/2025.
- Perriam, Chris (2013). Spanish Queer Cinema (en inglés). Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-6586-0.
- Véllez-Pellegrini, Laurentino (2009). "Francisco J. Vidarte y los orígenes de la teoría Queer en España". Mientras Tanto (en castelán). 110/111 (1): 149–171. JSTOR 27821339.