Pablo Sarabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pablo Sarabia García»)
Pablo Sarabia
Sarabia adestrando co Getafe en 2013
Información persoal
Nome Pablo Sarabia García
Nacemento 11 de maio de 1992 (31 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Sevilla
Número 17
Carreira xuvenil
2000–2004 EFMO Boadilla
2004–2009 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Real Madrid B 49 (15)
2011–2016 Getafe 131 (11)
2016– Sevilla 34 (8)
Selección nacional
2008 España sub-16 3 (2)
2008–2009 España sub-17 20 (5)
2010 España sub-18 2 (0)
2010–2011 España sub-19 16 (8)
2011–2014 España sub-21 22 (3)
Na rede
Twitter: Pablosarabia92 Instagram: pablosarabia92 FIFA: 313416 UEFA: 1909920 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de maio de 2017.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Sarabia García, nado en Madrid o 11 de maio de 1992, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Sevilla FC.

Ten un gran manexo de balón coa súa perna esquerda. Trátase dun xogador rápido no un contra un, con gran disparo desde diferentes distancias con ambas pernas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sarabia xogou na Escola de Fútbol Madrid Oeste Boadilla, en Boadilla del Monte (Madrid), onde se formou para dar o salto a canteira madridista na categoría infantil en 2004.

Empezou a tempada 2008/09 no xuvenil A das categorías inferiores do Real Madrid, xogando de vez en cando no Real Madrid C. O 3 de xaneiro de 2010 debutou co Real Madrid Castilla contra o Alcorcón, substituíndo a Samuel no minuto 58 de partido. No seu terceiro partido no Castilla, o primeiro no estadio Alfredo Di Stéfano, foi titular e marcou o segundo gol que axudaría a conseguir a vitoria do Castilla sobre o Racing B. Ademais deu o pase do terceiro gol madridista nun lanzamento de esquina, quedando así demostrada a súa capacidade para meter goles e tamén para dalos.

En setembro de 2010 rumoreábase a venda de Sarabia ao equipo portugués Sporting de Braga no mercado invernal por 3 millóns de euros, aínda que non se produciu o traspaso.

O 8 de decembro de 2010 debutou co Real Madrid en Liga de Campións, no encontro Real Madrid 4-0 Auxerre, substituíndo a Cristiano Ronaldo a falta de 20 minutos para o final do partido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]