Saltar ao contido

Pablo Ramón Parra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Ramón Parra
Biografía
Nacemento30 de xuño de 2001 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Palma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2019   RCD Mallorca B
2018–2019   RCD Mallorca
2020–2025   Real Madrid Castilla
2023–2024 cesión:    Club Deportivo Mirandés
2025–   RCD Espanyol
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2019   España sub-18
2019–2020   España sub-19

Pablo Ramón Parra, nado en Calvià o 30 de xuño de 2001, é un futbolista español que xoga no Racing de Santander, cedido polo Espanyol. Xoga principalmente de central, pero tamén pode xogar de lateral dereito.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Mallorca, aos 17 anos debutou co equipo filial. O seu debut co primeiro equipo produciuse o 31 de outubro de 2018, saíndo como titular nun partido contra o Real Valladolid na Copa do Rei.[1] Deste xeito converteuse no primeiro xogador do século XXI en xogar co club.

O 31 de xaneiro de 2019 asinou un contrato co Real Madrid para xogar no seu equipo xuvenil, que entrou en vigor o 1 de xullo.[2] Foi ascendido ao Real Madrid Castilla para a tempada 2020/21 na Segunda División B, e posteriormente xogou co club na Primeira Federación.

O 8 de agosto de 2023 foi cedido por un ano ao Mirandés, da Segunda División.[3] Foi titular habitual durante a tempada, xogando un total de 36 partidos nos que o club evitou o descenso, pero sufriu unha grave lesión de xeonllo en abril de 2024.[4]

O 3 de xaneiro de 2025, tras chegar á fase final da súa recuperación, asinou un contrato de tres anos e medio co Espanyol, da Primeira División, conservando o Real Madrid o 50 % dos seus dereitos económicos.[5]

O 28 de agosto de 2025, tras non xogar cos Pericos, saíu cedido por un ano ao Racing de Santander, da segunda división.[6]

  1. "Verde enciende la luz de Son Moix a base de zurdazos" (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2025.
  2. "El Madrid 'pesca' en el Mallorca: ficha a Pablo Ramón y Xavi Sintes" (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2025.
  3. "Pablo Ramón refuerza la zaga rojilla" (en castelán). 8 de agosto de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2025.
  4. "Pablo Ramón se rompe el cruzado" (en castelán). 22 de abril de 2024. Consultado o 24 de outubro de 2025.
  5. "Pablo Ramón joins RCD Espanyol" (en castelán). 3 de xaneiro de 2025. Consultado o 24 de outubro de 2025.
  6. "Pablo Ramón, cedit al Real Racing Club" (en castelán). 28 de agosto de 2025. Consultado o 24 de outubro de 2025.