Pablo Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pablo Otero "Peixe"»)
Infotaula de personaPablo Otero
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador , escritor , artista visual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: otero_peixe_pablo

Pablo Otero "Peixe", nado en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Participou nos 11 primeiros números da revista Golfiño[1].

Ilustrou obras de autores galegos, como Cidades (Xerais, 1997), de Fran Alonso; Rato Pincho (Galaxia, 2004), de Gloria Sánchez; Deseñadora de hora en hora (Tambre, 2004), de Xoán Babarro; así como de escritores estranxeiros, como O Príncipe das Sombras de Milan Vukotic ou Contos por palabras de Gianni Rodari. Así mesmo, escribiu e ilustrou obras propias, tales como Parece unha formiga (Kalandraka, 2019)[2].

Expuxo a súa obra en múltiples galerías galegas[3], como por exemplo no Museo de Pontevedra[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha en Tebeosfera (en castelán).
  2. Listaxe de obras en LG3.
  3. Ficha Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en 5ovejasnegras.com (en castelán).
  4. Atrapados en la mirada del naúfrago, La Voz de Galicia, 23 de xullo de 2015 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]