Pablo Crespo Penas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 2002 (22 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Lingua | Lingua galega |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | piragüismo |
Disciplina deportiva | Piragüismo en augas tranquilas |
Participou en | |
7 de agosto de 2024 | Piragüismo nos Xogos Olímpicos de 2024 – C-1 1000 metros masculino (12º) |
Pablo Crespo Penas, nado en Pontevedra en 2002, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Participou nos Xogos Olímpicos de 2024, na proba de C-1 1000 metros.
É fillo dos tamén piragüistas José Manuel Crespo e Ana María Penas, con múltiples participacións olímpicas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No Campionato do Mundo Sub-23 de 2023 en Plovdiv gañou unha medalla de ouro na proba de C-2 1000 metros xunto ao tamén galego Manuel Fontán e unha prata no C-1 1000 m.[2]
Participou nos Xogos Olímpicos de 2024 no C-1 1000 m, seguindo os pasos de seus pais, que participaron varias veces nos Xogos.[1] Fíxoo na modalidade do C-1 1000 metros, conseguindo o pase a semifinais, pero non á final principal. Disputou a final B, na que rematou cuarto, o que se traduciu no 12º posto final.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pablo Crespo prolonga la dinastía". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xuño de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ "El palista pontevedrés Pablo Crespo recoge el testigo de David Cal y, salvo sorpresa, estará en París" (en castelán). 9 de maio de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024.
- ↑ Carrazoni Mier, Yuri (9 de agosto de 2024). "Cando dalo todo non é abondo: crónica dunha xornada regular no piragüismo na que escaparon os metais". Nós Diario. Consultado o 10 de agosto de 2024.