Países Cataláns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Països Catalans»)
Modelo:Xeografía políticaPaíses Cataláns
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°34′01″N 0°39′00″L / 40.567, 0.65Coordenadas: 40°34′01″N 0°39′00″L / 40.567, 0.65
Poboación
Lingua usadalingua catalá Editar o valor em Wikidata
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivel.cat Editar o valor em Wikidata

Mapa territorial dos Países Cataláns
Mural reivindicativo en Vilassar de Mar.

Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística[1] de predominio catalán.[2] Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.[3]

En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da Península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.[2]

Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.

Política[editar | editar a fonte]

Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.[Cómpre referencia]

Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.[Cómpre referencia]

E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.[Cómpre referencia]

Límites[editar | editar a fonte]

O territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.[Cómpre referencia]

División política e administrativa[editar | editar a fonte]

Tradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:

Lingua[editar | editar a fonte]

A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí etc.); só no País Valenciano o xentilicio ten recoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.[Cómpre referencia]

Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma castelás outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Seixanta-dues personalitats del Maestrat reivindiquen el terme ‘Països Catalans’". Vilaweb. 30 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "els Països Catalans". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. "català". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]