PAZ (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PAZ
FabricanteEADS CASA Espacio
Contratistas principaisHISDESAT
Destino actualPendente de lanzamento
ÓrbitasHeliosincrónica case polar
Data de lanzamento22 de febreiro de 2018
Foguete portadorFalcon 9 (SpaceX)
Sitio de lanzamentoVandenberg, CA Estados Unidos de América Estados Unidos
Duración da misión5 anos e medio
Masa1400 kg
Dimensións5 m x 2,4 m
Potencia100 W
Datos orbitais
Inclinación97,44°
Altura orbital514 km

PAZ é un proxecto do Programa Nacional de Observación da Terra por Satélite (PNOTS),​ creado polos Ministerio de Defensa e o entón ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España.[1]

O programa[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Defensa encargou á empresa Hisdesat[2] comezar o desenvolvemento dun sistema de observación da Terra con tecnoloxía radar de apertura sintética, no ano 2007, para satisfacer os requisitos operativos das Forzas Armadas Españolas respecto ás necesidades de observación a tempo completo con moi alta resolución.

Como consecuencia do anterior, Hisdesat iniciou os traballos de desenvolvemento do programa, contratando o deseño e a fabricación do satélite a EADS CASA Espacio en decembro de 2007, o que supuxo un fito para a industria espacial española ao ser a primeira vez que se asume o reto de construír en España un satélite deste tamaño e complexidade.

Hisdesat é a propietaria, operadora e explotadora do satélite PAZ, que proporciona información valiosa para múltiples aplicacións desde a súa órbita polar ao redor da Terra.

EADS CASA Espacio, como contratista principal, lidera un gran consorcio formado por empresas do sector espacial. Ademais, está desenvolvendo a parte frontal do radar, cuxa antena é un dos elementos máis importantes e innovadores e está baseada en tecnoloxía de circuítos radiadores impresos en disposición multicapas.

Hisdesat contratou o lanzamento do satélite co lanzador ruso Dnepr, previsto inicialmente para finais do ano 2012, mais sufriu diversos atrasos[3] (os últimos foron de orixe político tras o arrefriamento das relacións entre Rusia e a Unión Europea pola crise en Ucraína[4]), ata que en 2016 decidiuse cancelar o lanzamento con Dnepr e buscar outros posibles lanzadores.[5]

O INTA é o responsable do desenvolvemento do segmento terreo do programa PAZ que inclúe as Estacións de Control e Seguimiento, que estarán localizadas en Torrejón de Ardoz (Madrid) e Maspalomas (Gran Canaria) (con opción a usar tamén unha estación polar) e os centros de procesado e almacenamiento dos datos, situados nas ubicaciones anteriores e na Base Aérea de Torrejón de Ardoz (CESAEROB).[6]

O custo total do satélite é de 160 millóns de euros,[7] incluíndo 20 millóns de euros do lanzamento por parte de SpaceX.

O satélite[editar | editar a fonte]

Cun peso total estimado duns 1400 kg, PAZ mide 5 m de altura e 2,4 m de diámetro. Consta dunha plataforma ou módulo de servizo e un radar de apertura sintética como instrumento principal. Incorpora un experimento de Radio Ocultación e Precipitación Extrema, e un receptor do Sistema de Identificación Automática (AIS) como instrumentos secundarios.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aplazan por «razones técnicas» el lanzamiento del primer satélite espía español", La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2018 (en castelán).
  2. "El nuevo satélite español 'Paz' tomará cada día cien imágenes de la Tierra". El País. 7 de xuñode 2011. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  3. "El lanzamiento del satélite Paz es aplazado hasta el primer trimestre de 2015". Infodefensa.com. 8 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  4. Mañueco, Rafael (29 de decembro de 2015). "Rusia deja en suspenso el lanzamiento del primer satélite español de observación". ABC. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  5. "Hisdesat cancela el lanzamiento del satélite Paz con Kosmotras". Infodefensa.com. 20 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  6. Hisdesat. "Satélite PAZ - El programa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de xaneiro de 2017. 
  7. Rosa M. Tristán, EL HUFFINGTON POST (22 de febreiro de 2018). "Satélite PAZ, el espía que vigilará las fronteras". huffingtonpost.es. Consultado o 26 de febreiro de 2018. 
  8. Hisdesat. "Satélite PAZ - El satélite" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 8 de xaneiro de 2017.