Saltar ao contido

PAC/CAC JF-17 Thunder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PAC/CAC JF-17 Thunder
Tipoavón de combate multirrol
FabricantePakistan Aeronautical Complex
Chengdu Aircraft Industry Group
Primeiro voo25 de agosto de 2003
Introducido12 de marzo de 2007
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Paquistán
Produción2007 - presente
Unidades construídas164

O PAC JF-17 Thunder (urdú: جے ایف-17 گرج), ou CAC FC-1 Xiaolong (pinyin: Xiāo Lóng; lit. 'Dragón Feroz'), é un avión de combate multirrol lixeiro de cuarta xeración[1][2][3] desenvolvido conxuntamente por Pakistan Aeronautical Complex (PAC) e Chengdu Aircraft Corporation (CAC) de China.[4] Foi deseñado para substituír os avións de combate A-5C, F-7P/PG, Mirage III, e Mirage V na Forza Aérea de Paquistán.[5] O JF-17 pode ser usado para múltiples roles, como intercepción, ataque a terra, anti buque, e recoñecemento. A designación paquistaní "JF-17" significa "Joint Fighter-17", co "-17" indicando que, na visión da Forza Aérea, é o sucesor do F-16. A designación chinesa "FC-1 Xiaolong" vén de "Fighter China-1 Dragón Feroz".

O JF-17 pode utilizar distintos tipos de munición, como mísiles aire-aire, aire-superficie e anti-buque, e un autocanón de 23 mm GSh-23-2. Impulsado por un turboventilador con posqueimador Guizhou WS-13 ou Klimov RD-93, pode acadar unha velocidade máxima de Mach 1,6.[6] O JF-17 é a espiña dorsal da Forza Aérea de Paquistán, complementando ao Lockheed Martin F-16 Fighting Falcon custando a metade. O JF-17 foi introducido na Forza Aérea de Paquistán en febreiro de 2010.[7][8]

O 58% do JF-17, incluída a súa fuselaxe dianteira, as ás, e o estabilizador vertical, fabrícase en Paquistán, mentres que o 42% é producido na China, realizándose a montaxe final en Paquistán.[9][10] En 2015 Paquistán fabricou 16 JF-17.[7] En 2016, PAC tiña a capacidade de producir 20 JF-17 por ano. En abril de 2017, PAC fabricara 70 avións Block 1[11][12] e 33 Block 2 para a Forza Aérea.[13] En 2016 os JF-17 acumularan máis de 19 000 horas de voo na Forza Aérea.[14] En 2017 comezou a desenvolverse unha variante de dous asentos coñecida como JF-17B para mellorar a súa capacidade operativa, para adestramento de conversión, e adestramento de combate inicial. A variante JF-17B Block 2 comezou a producirse en serie en 2018 e en decembro de 2020 entregáranse 26 avións.[15] Ese mesmo mes PAC comezou a produción en serie da versión máis avanzada Block 3, cun radar de varredura electrónica activa (AESA), o motor ruso máis potente Klimov RD-93MA, un Head-Up Display (HUD) máis grande e avanzado, contramedidas electrónicas, un soporte adicional, e unha capacidade de armamanto mellorada.[16]

Os JF-17 da Forza Aérea de Paquistán viron acción militar, tanto aire-aire como aire-terra, no bombardeo de posicións terroristas en Waziristán do Norte preto da fronteira con Afganistán durante operacións antiterroristas e 2014 e 2017, usando tanto municións guiadas como convencionais,[17][10] derrubando un drone militar iraniano n Balochistán en 2017, na operación Swift Retort durante os ataques aéreos a Jammu e Caxemira, e en escaramuzas aéreas entre India e Paquistán.[18]

  1. "Air force inducts 14 locally built JF-17Bs". DAWN.COM (en inglés). 2020-12-31. Consultado o 2022-03-12. 
  2. "Pakistani-Chinese JF-17 Fighter Jet’s Block III Design Finalized". www.defenseworld.net. Consultado o 2022-03-12. 
  3. "India's Rafale vs Pakistan's JF-17, F-16 vs China's J-20: Which one is better?". Business Today (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 
  4. "JF-17 Thunder aircraft". pac.org.pk. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  5. "Pakistan's tool of war: PAF's rolling thunder - Pakistan - DAWN.COM". web.archive.org. 2021-04-22. Archived from the original on 22 de abril de 2021. Consultado o 2022-03-13. 
  6. Gady, Franz-Stefan. "Report: JF-17 ‘Thunder’ Block III Fighter Jet Production Is Underway". thediplomat.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  7. 7,0 7,1 "Pakistan meets JF-17 production target". The Express Tribune (en inglés). 2015-12-28. Consultado o 2022-03-13. 
  8. "World Air Forces 2015" (PDF). Flightglobal. Archived from the original on 19 de decembro de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  9. "Pride of Pakistan". www.key.aero (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  10. 10,0 10,1 "JF-17 Block-2 and Block-3 Details Confirmed". Quwa (en inglés). 2015-10-17. Consultado o 2022-03-13. 
  11. Dawn.com (2017-02-16). "PAF No.14 'Tail choppers' Squadron re-equipped with JF-17 Thunder jets". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  12. "Pakistan Aeronautical Complex delivered 70 JF-17s to the Pakistan Air Force". Quwa (en inglés). 2016-12-07. Consultado o 2022-03-13. 
  13. "JF-17 Block-II production crosses 30 planes". Quwa (en inglés). 2017-01-15. Consultado o 2022-03-13. 
  14. Gady, Franz-Stefan. "Two-Seat Variant of China-Pakistan JF-17 Fighter Jet to Fly in 2016". thediplomat.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  15. "PAC Kamra rolls out final 14 JF-17B fighters for Pakistan Air Force". Janes.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  16. "PAF launches serial production of latest JF-17 Thunder Block III". www.thenews.com.pk (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 
  17. "Fighter jets bomb militant hideouts in North Waziristan after Taliban attacks". The Express Tribune (en inglés). 2014-01-21. Consultado o 2022-03-13. 
  18. "Operation Swift Retort one year on". www.keymilitary.com (en inglés). Consultado o 2022-03-13.