Pónor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conca colectora, pónor (vista posterior), Peloponeso.
Un dos distintos pónores do río Rakov Škocjan, Eslovenia.
Pónor en Djulin, Croacia

Un pónor é unha abertura natural no terreo, que pode ser atopada en lugares onde a xeoloxía e a xeomorfología están caracterizadas por algún tipo de karst ou carso.

Mentres que unha dolina é unha depresión cunha cavidade conectada cara ao subsolo, un pónor é unha abertura pola que unha corrente superficial ou lago, flúen total ou parcialmente cara a un sistema kárstico de auga subterránea. A erosión polo fluxo continuo de auga forma ou agranda a abertura na roca (principalmente calcaria).[1]

Os pónores atópanse en todo o mundo en rexións kársticas. Existen varios lugares en países en centro e sueste de Europa (Croacia, República Checa, Hungría, Rumania, Montenegro) co nome de «Ponor» por estaren asociadados con esas aberturas kársticas. Hai importantes pónores nos Cárpatos, nos Alpes Dináricos, en Grecia, Turquía e en varios estados do sur dos EE.UU.

O termo ponor foi instituído como un termo xeolóxico internacional para unha gran entrada de auga ao subsolo en terreos cársticos. A palabra pónor deriva de nora, da lingua protoeslava, que significa pozo ou buraco. En francés pónor úsase no eido da acuicultura; en galego é sumidoiro.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bonacci, Ognjen (2004). "Ponor". En Gunn, John. Encyclopedia of Caves and Karst Science (en inglés). Taylor & Francis. p. 1282-1284. ISBN 978-1-57958-399-6. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-02-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lexikon der Geowissenschaften Band 4 Nord bis Sib.Spektrum Akademischer Verlag Heidelberg & Berlin 2001 ISBN 3-8274-0423-1 (en alemán)
  • Hans Murawski und Wilhelm Meyer: Geologisches Wörterbuch. 10. Aufl., 278 S., Ferdinand Enke Verlag, Stuttgart 1998 ISBN 3-432-84100-0. (en alemán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]