Saltar ao contido

Píllara de dobre colar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Píllara de dobre colar
Charadrius vociferus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   C. vociferus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinonimia
Oxyechus vociferus
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaCharadriidae
XéneroCharadrius
EspecieCharadrius vociferus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Charadrius vociferus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   61 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01pby5 Editar o valor en Wikidata
ITIS176520 Editar o valor en Wikidata
OTT661811 Editar o valor en Wikidata
UICN22693777 Editar o valor en Wikidata
CoLTMXQ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A píllara de dobre colar,[1] tamén coñecida como píllara rabirrubia[2][3][4][5] (Charadrius vociferus) é unha ave caradriforme americana.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son aves duns 26 cm de lonxitude, de cola longa e ás aguzadas, coa plumaxe da parte superior do corpo castaña agrisada con matices laranxa avermellados. A parte inferior e o pescozo son brancas. A cara e a cabeza son castañas, coa fronte branca. O anel ocular é alaranxado. Os polos teñen un deseño semellante ó dos adultos. Teñen unha liña negra dobre no papo.

Pillara de dobre colar voando

Distribución

[editar | editar a fonte]

Crían en Norteamérica e México, e poboacións illadas crían tamén en Costa Rica e o Perú. As poboacións máis setentrionais emigran en inverno cara ó sur, chegando mesmo ata o norte de Suramérica. En Europa son visitantes ocasionais raros.

O seu hábitat preferido son campos abertos e terras de labor. Buscan o seu alimento (insectos e outros invertebrados) en prados, zonas húmidas e desembocaduras de ríos, a miúdo mesmo preto das edificacións humanas.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de pillara de dobre colar

Fan o niño no chan, a miúdo no grixo. Poden aproveitar unha lixeira depresión para aniñar, pero non marcan o niño ou fanos ó cunhas poucas pedras. O aspecto dos ovos, moi pencados, recorda ó das pedras, polo que se mimetizan moi ben co contorno. Poñen en xeral catro ovos nunha superficie plana no chan, que choca nos dous membros da parella durante unhas catro semanas. Os polos, que teñen xa os ollos abertos e a penuxe ben desenvolta cando saen do ovo, deixan o niño deseguida, xa que poden camiñar e comer poucas horas despois de naceren. Manteñen, porén, a dependencia de seus pais ata que poden voar.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
  4. Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
  5. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]