Píllara riscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Píldora raiada")
Píllara riscada
Exemplar adulto
Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Arenaria
Especie: A. interpres
Nome binomial
Arenaria interpres
(Linnaeus, 1758)

A píllara riscada[2][3], píllara raiada[4][5] ou píldora raiada[6] (Arenaria interpres) é unha ave da orde Charadriformes, familia Scolopacidae. Aniña en Escandinavia, sendo visible nas costas galegas durante o inverno. Mide uns 22 cm e pesa ó redor dos 110 g. Rechoncha, de plumaxe, pescozo e bico curtos, ten este último levemente torto cara a arriba e a xeito de cuña.

A súa plumaxe é marrón, canela, negra e branca. Durante a época de reprodución as femias portan na cabeza e o pescozo un patrón rechamante branco e negro. É unha ave solitaria que como moito forma pequenos grupos que defenden o seu territorio.

Atópase doadamente nas costas rochosas ou areeiras, procurando o seu alimento na baixeira (zona que fica ó descuberto entre mareas). Ten especial habilidade en escavar ou en voltear cunchas, pedras e refugallos á procura de crustáceos, moluscos ou ovos de peixes.

A especie Arenaria melanocephala habita na costa do Pacífico de Norteamérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Arenaria interpres". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2. Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para píllara.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  4. VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4. 
  5. Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia. 
  6. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]