Pérola (cantora)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPérola
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Huambo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webperola.info Editar o valor em Wikidata
Facebook: perolapaginaoficial Musicbrainz: b0ea1058-d772-46c0-b169-fc844a7fe5a7 Songkick: 2300252 Editar o valor em Wikidata

Jandira Sassingui, máis coñecida como Pérola, é unha cantora e presentadora angolana.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou a cantar aos 8 anos de idade e tendo dende sempre gran paixón pola música chegou a facer concertos para veciños e amigos como pasatempo, o que a levou a concursos de música e de danza.

Aos 13 anos de idada mudouse de Luanda coa súa familia a Windhoek, Namibia, onde continuou os estudos. De 1997 a 2001 estudou no Colexio Concórdia onde formou parte dun grupo de danza chamado "Earth Girls". Após isto, participou no Concurso para a Descoberta de Talentos organizada pola Igrexa Católica onde gañou dous trofeos: Mellor Dueto e Mellor Performance Feminina da Noite.

Pretendendo iniciar as súas andanzas pola universidade, parte para a Suráfrica no ano 2002 e participa no concurso musical Coca-Cola Popstars, sendo excluída por estranxeira.

Consequentemente, decide gravar o seu propio álbum musical que pública en 2004 co nome de "Os Meus Sentimentos", rexistrando dende este momento o nome de Pérola.

En 2007 consegue ser licenciada en Dereito pola Universidade de Pretoria.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Os Meus Sentimentos (2004)
  • Cara & Coroa (2010)
  • Mais de mim (2014)

Televisión[editar | editar a fonte]

  • 2007: Big Brother África (presentadora)
  • 2008: VIAGENS (presentadora)
  • 2009: Televisão Bounce (co-presentadora)

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2004: Prémio Rádio Luanda, na categoría de Revelação Feminina.
  • 2004: Prémio Moda, Luanda (8ª Edición) na categoría de Melhor Intérprete Feminina.
  • 2005: Prémios KORA, na categoría de Melhor Artista Feminina da África Austral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pérola: Sobre". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015.