Péptido encriptado
Os péptidos encriptados (en inglés, EPs) son secuencias de aminoácidos ocultas nos proteomas que foron consideradas como unha nova clase de moléculas antimicrobianas e que poden servir como base para o desenvolvemento de antibióticos.[1]
O equipo de César de la Fuente no De la Fuente Lab da Universidade de Pensilvania identificou e describiu por primeira vez estes péptidos antibióticos encriptados cando utilizou métodos computacionales para explorar o proteoma humano como fonte de antibióticos.[2] Moitas das 2.603 moléculas detectadas nese estudo atopábanse codificadas en proteínas que non estaban directamente relacionadas co sistema inmunolóxico. Con todo, eran capaces de eliminar bacterias patóxenas, mostrando actividade antinfecciosa en modelos de rato. Este foi o motivo polo que decidiron utilizar o termo 'encriptado' para nomealos, porque se atopaban ocultos dentro de proteínas máis grandes que parecían non ter conexión co sistema inmunolóxico, a área na que era previsible atopar esa función.[3] Entre as principais vantaxes do uso destes péptidos encriptados para o desenvolvemento de novos antibióticos atópase a de que non xeran facilmente resistencia bacteriana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Torres, Marcelo D. T.; Cesaro, Angela; Fuente-Nunez, Cesar de la (2024-10-28). "Peptides from non-immune proteins target infections through antimicrobial and immunomodulatory properties". Trends in Biotechnology (en inglés) 0 (0). ISSN 0167-7799. doi:10.1016/j.tibtech.2024.09.008. Consultado o 2024-11-29.
- ↑ Torres, Marcelo D. T.; Melo, Marcelo C. R.; Flowers, Laurice; Crescenzi, Orlando; Notomista, Eugenio; de la Fuente-Nunez, Cesar (2022-01). "Mining for encrypted peptide antibiotics in the human proteome". Nature Biomedical Engineering (en inglés) 6 (1): 67–75. ISSN 2157-846X. doi:10.1038/s41551-021-00801-1. Consultado o 2024-11-29.
- ↑ Pappas, Melissa (2021-11-04). "Penn Researchers Show ‘Encrypted’ Peptides Could be Wellspring of Natural Antibiotics". blog.seas.upenn.edu (en inglés). Consultado o 2024-11-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- De la Fuente Lab (en inglés)