Pál Kovács
Nome orixinal | (hu) Kovács Pál Ádám |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xullo de 1912 Debrecen, Hungría |
Morte | 8 de xullo de 1995 (82 anos) Budapest, Hungría |
Lugar de sepultura | Cemitério de Farkasréti (pt) , 8/2-1-73 |
Altura | 179 cm |
Peso | 80 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Nacionalidade deportiva | Hungría |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1960 | fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team sabre (en) (medalla de ouro olímpica) |
1956 | Fencing at the 1956 Summer Olympics – men's team sabre (en) (medalla de ouro olímpica) |
1952 | Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1952 (medalla de ouro olímpica) |
1948 | Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1948 (Medalla de bronce olímpica) |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
Familia | |
Fillos | Attila Kovács, Tamás Kovács |
Pál Kovács (en húngaro: Kovács Pál), nado en Debrecen o 17 de xullo de 1912 e finado en Budapest o 8 de xullo de 1995, foi un tirador de esgrima húngaro, gañador de sete medallas olímpicas. Foi o pai dos tamén tiradores de esgrima Attila e Tamás Kovács.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Principiou a estudar Universidade Corvinus de Budapest e logo pasou á Academia Militar Ludovica graduándose en 1935 como tenente do exército. Discípulo do mestre de armas László Borsody, pertenceu ao Club de Esgrima de Oficiais (1935-1945), Ganz Vasas (1945-1954) e Vasas SC (a partir de 1954)Participou, aos 24 anos, nos Xogos Olímpicos de 1936 celebrados en Berlín, gañando a medalla de ouro na proba por equipos de sabre. Despois da fin da segunda guerra mundial estivo dous anos como prisioneiro de guerra. Nos Xogos Olímpicos de 1948 de Londres revalidou o seu título por equipos, tañando tamén unha medalla de bronce na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui volve gañar o ouro por equipos, así como tamén ese metal na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne non é quen de revalidar o seu título individual, rematando sexto, pero si revalida o título por equipos, conseguindo así a súa cuarta vitoria nesta proba. Nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma gañou unha nova medalla de ouro na proba por equipos, o seu quinto título consecutivo.
Ao longo da súa carreira gañou dezaseis títulos nacionais húngaros, doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, dez delas de ouro. Foi vicepresidente da Federación Húngara de Esgrima (1963-1968), a partir de 1968 foi membro do Comité Olímpico Húngaro, e tamén foi membro do Comité Executivo da Federación Internacional de Esgrima e entre 1980 e 1988 o seu vicepresidente. Pouco antes da súa morte foi ascendido ao rango de xeneral.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1912
- Finados en 1995
- Esgrimistas olímpicos de Hungría
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Esgrimistas de sabre
- Medallistas olímpicos de ouro por Hungría
- Medallistas olímpicos de bronce por Hungría
- Militares de Hungría
- Directivos de esgrima
- Nados en Debrecen
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1936
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1948
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1952
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1960