Saltar ao contido

Oxyura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oxyura é un xénero de aves da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1828 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.[1][2]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén poloa sinónimos:[1]

  • Pervicauda Mathews, 1945
  • Plectrura Gistl, 1848

O xénero Oxyura comprende as seguintes seis especies:[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Coñecidos vulgarmente como malvasías, todas as especies teñen as plumas da cola longas, que se erguen cando a ave está en repouso, e o pico relativamente grande.

Son patos mergulladores de auga doce. As súas patas fannos torpes en terra, e por iso raramente deixan a auga.

O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.

As sucesións da plumaxe son complicadas e, cando envexecen, é máis complexa.

  1. 1,0 1,1 1,2 Oxyura Bonaparte, 1828 no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Oxyura Bonaparte, 1828 na BioLib. Consultada o 27 de outubro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]