Oxymonadida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oxymonadina
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Protista
(sen clasif.) Excavata
Filo: Metamonada
Clase: Preaxostyla
Orde: Oxymonadida
Familias e xéneros

Oxymonadida é un grupo de protistas flaxelados que viven exclusivamente nos intestinos de térmites e doutros insectos comedores de madeira. De forma similar aos flaxelados Parabasalia, conteñen bacterias simbióticas que son responsables da dixestión da celulosa. Ambos os grupos carecen de mitocondrias e os Oxymonadida tamén de aparato de Golgi.[1][2]

A maioría destes organismos miden arredor de 50 μm e teñen un único núcleo asociado a catro flaxelos. Os seus corpos basais orixinan varios grupos de microtúbulos que forman un orgánulo denominado axostilo, que ten unha estrutura diferente á dos axostilos de Parabasalia. Unha fibra asociada denominada preaxostilo separa os flaxelos en dous pares. Uns poucos Oxymonadida teñen múltiples núcleos, flaxelos e axostilos.

O flaxelado de vida libre Trimastix está emparentado estreitamente con Oxymonadida. Carece de mitocondrias pero ten catro flaxelos separados por un preaxostilo, pero ao contrario que Oxymonadida ten un suco de alimentación. Esta característica coloca a Oxymonadida e a Trimastix en Excavata, e máis concretamente en Metamonada.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adl, S.M. et al. (2012). The revised classification of eukaryotes. Journal of Eukaryotic Microbiology, 59(5), 429-514
  2. Cavalier-Smith, T. (2013). Early evolution of eukaryote feeding modes, cell structural diversity, and classification of the protozoan phyla Loukozoa, Sulcozoa, and Choanozoa. European journal of protistology, 49(2), 115-178.
  3. Dacks JB, Silberman JD, Simpson AG, Moriya S, Kudo T, Okhuma M, Redfield R (2001). "Oxymonads are closely related to the excavate taxon Trimastix". Molecular Biology and Evolution 18 (6): 1034–44.