Ovos revoltos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovos revoltos con touciño entrefebrado (bacon) - prato típico de almorzo, nos Estados Unidos de América.
Revolto de cogomelos.

Os ovos revoltos son ovos batidos que se remexen mentres se cociña para desprendelos do fondo da tixola a medida que vai callando, e ao que se lle pode engadir outros ingredientes (revolto)[1].

A tixola quente, usualmente é untada con graxa (aceite ou manteiga) e reméxese cun utensilio de cociña de pau, até que estes comecen a callar.[2].

É un prato coñecido e preparado no mundo enteiro. Nos Estados Unidos, os ovos revoltos forman parte do típico almorzo, podendo acompañárense de bacon frixido.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. FoodMayhem.com, Vídeo Demostración de ovos revoltos ao vapor
  3. Livestrong.com. "Is Scrambled Eggs for Breakfast Healthy?". Consultado o 2012.10.17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]