Ovación
Unha ovación (do latín, ovatio) era, na Roma Antiga, unha cerimonia para homenaxear un xeneral vitorioso. Era unha forma menor do triunfo romano, e cun cerimonial menos solemne.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A orixe da palabra é discutido, tanto entre os antigos como no presente. A maior parte dos aceptan que está relacionada coa palabralatina ovis,"ovella", ao ser o animal sacrificado ao final desta cerimonia.[1] En troques, outros autores relaciónana coa palabra grega "euan" que designaba un berro de ledicia ou un berro dado polos soldados vitoriosos dobrando a letra "o" cando retornaban do combate.[2]
Características
[editar | editar a fonte]As ovacións eran outorgadas cando non se declarara unha guerra contra un estado inimigo, cando un inimigo era considerado inferior (rebelións de escravos ou piratas, por exemplo) ou cando o conflito era resolto con pouco ou ningún derramamento de sangue ou sen perigo para o propio exército.[3]
O xeneral que celebraba a ovación non entraba na cidade montando un carro tirado por catro cabalos brancos (cuadriga), como si o facían os que celebraban un triunfo senón que cruzaban andando e vestidos coa toga praetexta dos maxistrados (unha toga cunha fita púrpura);[4] mentres o xeneral que celebraba un triunfo levaba posta a toga picta, que era completamente púrpura e estaba adornada con estrelas douradas.
O xeneral que era honrado cunha ovación portaba sobre a súa cabeza unha coroa de mirto (sagrado para Venus), en lugar da famosa coroa de loureiro coa que se celebraba un triunfo.[5] Tampouco era antecedido polo Senado nin acostumaban tomar parte os soldados na procesión.
Historia
[editar | editar a fonte]A ovación, emitida polo senado, era de menor categoría có triunfo, e podíase producir cando a guerra era menos importante, cando o exército inimigo non estaba completa, cando os inimigos non eran "dignos" da República - como piratas ou escravos revoltos - ou mesmo cando a vitoria se conseguise sen derramamento de sangue.[6] Tamén podía ser concedida a un xeneral que liderara unha campaña ben realizada nunha guerra aínda sen rematar.[7]
Plutarco viu nela unha diferenza entre as honras, feita polos antigos, e nas que estes diferenciaban estes dous honores máis polo xeito en que se levan a cabo que pola grandeza das accións (...), reservándose a ovación para os xenerais que, case sen usa-la forza, polo mero poder de persuasión, pola súa elocuencia, finalizaron felizmente as súas empresas.[8]
República
[editar | editar a fonte]A cerimonia foi instituída no 503 a. C. polo cónsul Publio Postumio Tuberto, tras unha vitoria sobre os sabinos e continuou durante toda a República.[9]
Unha ovación famosa da historia de Roma foi a que celebrou Marco Licínio Craso após a súa vitoria contra Espartaco na Terceira guerra servill, na que non recibiu un triunfo ao ser unha guerra contra escravos, mais o senado permitiulles porta-la coroa de loureiro en lugar da de mirto, considerando a relevancia da vitoria.[10]
En total, durante a República romana, rexistráronse un total de 23 ovacións:[11]
Imperio
[editar | editar a fonte]A partir da época imperial, foi cada vez máis rara, chegando a caer en desuso. A derradeira ovación coñecida aconteceu nunha cerimonia na honra de Aulo Plaucio tras vencer os britanos, durante o reinado de Claudio.
Data | Xeneral | Título | Causa |
---|---|---|---|
11 a. C. | Nerón Claudio Druso Xermánico[36] | Vitorias en Xermania | |
9 a. C. | Tiberio Claudio Nerón[37][38] | Vitorias en Pannonia. Fora aprobada durante o 11 a.C. | |
20 | Druso Xulio César[39] | ||
40 | Calígula[40] | ||
47 | Aulo Plauto[41] | ||
55 | Nerón[42] | ||
93 | Domiciano[43] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adam (1834), p. 170
- ↑ Sexto Pompeio Festo, De verborum significatu
- ↑ Maxfield (1981), pp. 104–105
- ↑ Goldsworthy (2014), p. 121
- ↑ Plinio o Vello, Naturalis Historia, XV, 29
- ↑ Aullus Gellius, Noctes Atticae, V, 6, 21
- ↑ Ovación a Marcelo 212 en Tito Lívio, Ab Urbe Condita , XXVI, 21
- ↑ Plutarco, Vida de Marcelo XXII
- ↑ Plinio, o Vello, Naturalis Historia, XV, 28
- ↑ Middleton 1804, p. 83
- ↑ G. Rohde (1939). Ovatio. RE XVIII, p. 1890-1903
- ↑ Fasti Triumphales, p. 91
- ↑ Broughton (1954), p. 20
- ↑ 14,0 14,1 Fasti Triumphales, p. 92
- ↑ Broughton (1954), p. 70
- ↑ Broughton (1954), p. 77
- ↑ Fasti Triumphales, p. 94
- ↑ Broughton (1954), pp. 273-274
- ↑ Broughton (1954), p. 294
- ↑ Broughton (1954), p. 324
- ↑ 21,0 21,1 21,2 Fasti Triumphales, p. 102
- ↑ Broughton (1954), p. 336
- ↑ Broughton (1954), p. 341
- ↑ Broughton (1954), p. 354
- ↑ Broughton (1954), p. 373
- ↑ Broughton (1954), p. 383
- ↑ Fasti Triumphales, p. 104
- ↑ Broughton (1954), p. 404
- ↑ Broughton (1954), p. 498
- ↑ Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (99 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ "Plutarch, The Parallel Lives. The Life of Crassus, 11,8". penelope.uchicago.edu (en inglés). 16 de agosto de 2021. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ Broughton, T. Robert S. "The magistrates of the Roman Republic vol. II" (PDF). sfb600.uni-trier.de (en inglés). (71 BC - Promagistrates). Archived from the original on 21 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2022.
- ↑ Fasti Triumphales, p. 108
- ↑ 34,0 34,1 34,2 Fasti Triumphales, p. 109
- ↑ Wilkes (2004), p. 19
- ↑ Lendering, Jona (2003 [actualizado o 15 de setembro de 2020]). "Rome, Arch of Drusus". livius.org (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Suetonio. "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). The Life of Tiberius, 9. Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Wilkes (2004), p. 175
- ↑ Wilkes (2004), p. 554
- ↑ Suetonio (1913). "The Life of Caligula, 49" (1913). "The Lives of the Twelve Caesars". penelope.uchicago.edu (en inglés). Loeb Classical Library. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Tacitus, "Annales" (XIII. 32)
- ↑ Wilkes (2004), p. 244
- ↑ Donahue, John. "Titus Flavius Domitianus(A.D. 81-96)". De Imperatoris Romanibus (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adam, Alexander (1834). Antigüedades romanas (en castelán). (Tradución de José Garriga y Baurís). Valencia: Imprenta de Cabrerizo.
- Broughton, T. Robert S. (1951). The magistrates of the Roman Republic (en inglés). Nova York: American Philological Association, 1951.
- "Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). (lista realizada a partir da edición de A. Degrassi de Fasti Capitolini (1954), pp. 90-110. Publicado o 29 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2022.
- Goldsworthy, Adrian (2014). First Emperor of Rome (en inglés). New Haven & Londres: Yale University Press. ISBN 978-0-300-21666-0.
- Maxfield, Valerie A. (1981). The Military Decorations of the Roman Army (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-04499-9.
- Middleton, Conyers (1804). Historia de la vida de Marco Tulio Ciceron (en castelán). (traducido por José Nicolás de Azara) (2ª ed.). Madrid: Imprrenta Real.
- Wilkes, J.J. (2004). Bowman, Alan K.; Champlin, Edward; Lintott, Andrew, eds. The Cambridge Ancient History, Volume 10 (The Cambridge Ancient History: The Augustan Empire, 43 B.C. – A.D. 69) (2ª ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-26430-8.