Ouriolo europeo
| Ouriolo europeo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Oriolus oriolus Carl von Linné 1758 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||
|
Taxon superior
| |||||||
|
Nome curto
| |||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||
| Características | |||||||
|
Período de incubación
| |||||||
|
Tamaño da niñada
| |||||||
| Conservación | |||||||
|
Identificador UICN
| |||||||
| Distribución | |||||||
|
Endémico en
| |||||||
|
Área de distribución
| |||||||
| Dimensións | |||||||
|
Masa
7.3 g peso de nacemento | |||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||
| Reino | Animalia | ||||||
| Filo | Chordata | ||||||
| Clase | Aves | ||||||
| Orde | Passeriformes | ||||||
| Familia | Oriolidae | ||||||
| Xénero | Oriolus | ||||||
| Especie | O. oriolus | ||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
O ouriolo europeo[1] (Oriolus oriolus), comunmente coñecido como ouriolo, milleiro, nicolao, vichelocrego e papafigo,[2] é o único membro da familia dos ouriolos que vive nas zonas tépedas do hemisferio norte. Especie migratoria, vese en verán en Europa e nas rexións occidentais de Asia, mentres que o inverno o bota nos trópicos.
Distribución e características
[editar | editar a fonte]Habita en árbores grandes de folla caduca en bosques, soutos, carballeiras e parques, a miúdo nas ribeiras dos ríos. Fai un niño moi limpiño e estábel durante anos na gallada das pólas, adoito en amieiros, e contén entre tres e seis ovos. A femia do ouriolo europeo comeza tarde a facer no niño e a incubación dura uns quince días.
A súa alimentación baséase en insectos e froita, especialmente figos e cereixas, de aí que nalgunhas partes se lle chame galo cereixeiro. En tamaño é coma o merlo, ou incluso lixeiramente maior (24 cm e 72 g de media).
O macho ten un colorido moi particular que o fai inconfundíbel con calquera outra ave ou paxaro galego. Ten o corpo dun amarelo brillante e as ás e parte da cauda negra. A femia, pola contra, é verde e gris, e resulta moi discreta nos nosos bosques. Os ouriolos europeos son tímidos e espantadizos de xeito que é moi complexo albiscalos malia a dourada plumaxe dos machos.
O seu nome procede do canto, unha longa frase (uilauiuuuu) que imita a palabra vichelocrego. Unha das variantes en galego, tamén moi estendida, é oureol, que fai referencia á cor dourada dos machos.
No voo imita os tordos, cun trazado moi directo e veloz, sen apenas oscilacións en distancias medias.
O ouriolo europeo na cultura popular
[editar | editar a fonte]
O ouriolo europeo aparece mencionado nunha sentenza de Confucio, que di:
- No Clásico da Poesía lese que "O vichelocrego pousa no ladiño do outeiro". E dixo o Mestre: "Pousa, e ben sabe onde. E por que non ha facer o home como ese paxariño?" (Lunyu, 3,2)
Aparece no escudo e na bandeira do concello lugués de Ourol.
Outros nomes galegos
[editar | editar a fonte]Bota o millo, bota o millo —Popular[3]
|
Téñense rexistrado en distintas fontes moitos nomes galegos para esta mesma ave, algúns populares e outros máis literarios.
- aropendra, maripéndola, milpéndola, milpéndora, milpréndega, milpréndiga, ouripenlo
- aureol, oriolo, oureal, oureol, ouriol, ourol
- avión (en Xunqueira de Ambía)
- bagullo
- barazán (o nome procede do feito de facer o niño con anacos de corda, trapos etc., é dicir, con barazas)
- bicho do crego, crego, crego amarelo, pica crega
- cereixeiro (porque disque gusta moito das cereixas e dos figos, de aí tamén o nome de papafigos)
- domingo lirón
- gaimarelo, gaio real, gaio bravo, gaio cereixeiro, gaio de braña, papagaio
- lapafigos, papafigo, papafigos, figomarelo
- manga amarela / marela
- mariarrosa, maría-viou (din os rapaces: Maria Viou, ¿teu pai mellorou?, e a ave responde: Mellorou, mellorou)
- mareleiro
- merlo gaiolo, merlo marelo, merlo rei
- millán garrido, millarou, milleiro, vilau garrido
- mingulirón
- nicolao
- oubión
- pedro-pequeno
- pitioghó (citado por Pérez Patiño)
- reboleirón, regoleirón
- riádigo, viádigo
- rodrigo, rodrigo liro, ringuileirón, rodrigavión, rogavión, figorrodrigo
- tiroliro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do ouriolo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 111. ISBN 84-7154-379-6.
