Saltar ao contido

Otto Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtto Schmidt

(1938) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Отто-Фридрихъ-Юліусъ Юльевичъ Шмидтъ Editar o valor en Wikidata
18 de setembro de 1891 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Mahilioŭ Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Moscova Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii, Sec. 1, Fila 43 55°43′29″N 37°33′15″L / 55.7247, 37.5542 Editar o valor en Wikidata
Vicepresidente Academia de Ciencias da URSS
28 de febreiro de 1939 – 24 de marzo de 1942
Membro do Consello Supremo da Unión Soviética
1938 – 1946
Xefe Chief Directorate of the Northern Sea Route (en) Traducir
1932 – 1938
Redactor xefe Matematicheskii Sbornik (en) Traducir
1932 – 1950
Director Arctic and Antarctic Research Institute (en) Traducir
1930 – 1932
Expedition leader (en) Traducir
1930 – 1934
Titular dunha cátedra nunha universidade MSU Faculty of Mechanics and Mathematics (en) Traducir
1929 – 1949
Redactor xefe Grande Enciclopédia Soviética (pt) Traducir
1924 – 1942
Director OGIZ (en) Traducir
1921 – 1924
Privatdozent Universidade Nacional de Kíiv
1916 
Director Schmidt Institute of Physics of the Earth (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoAlemáns do Báltico Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Physics and Mathematics of Kyiv University (en) Traducir (–1913)
Second Kyevan gymnasium (en) Traducir (–1909)
Mogilev Male Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tese académicaQ100272226 Traducir Editar o valor en Wikidata (1916 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseDmitry Grave (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de grupos, astronomía, matemáticas, xeografía, xeofísica e psicanálise Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Pamir (pt) Traducir
Ártico
Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, estadista, psicanalista, xeofísico, xeógrafo, físico, político, profesor universitario, matemático, explorador, viaxeiro Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia de Ciencias de Rusia, vicepresidente (1939–1942)
Schmidt Institute of Physics of the Earth (en) Traducir (1939–1949)
Academia de Ciencias de Rusia (1935–)
Chief Directorate of the Northern Sea Route (en) Traducir (1932–1939)
Universidade Estatal de Moscova (1923–1930)
OGIZ (en) Traducir (1921–)
RSFSR People's Commissariat on Food (en) Traducir (1917–)
Universidade Nacional de Kíiv (1916–)
Imperial University of St. Vladimir (en) Traducir (1916–1917)
Matematicheskii Sbornik (en) Traducir
Arctic and Antarctic Research Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1919–)
Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (–1918)
Russian Social Democratic Labour Party (of Internationalists) (en) Traducir (1918–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
DoutorandoVladimir Andrunakievich (en) Traducir, Sergey Antonovich Chunikhin (en) Traducir, Leopold Yakovlevich Okunev (en) Traducir, Aleksandr Antipovich Kulakov (en) Traducir, Aleksey Petrovich Ditsman (en) Traducir e Vladimir Konstantinovich Turkin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeVera Schmidt Editar o valor en Wikidata
FillosVladimir Schmidt, Sigurd Ottovich Schmidt Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шмидт Отто Юльевич)
Enciclopedia Soviética Armenia
Enciclopedia soviética xeorxiana, (vol:11, p.14) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 113648972 Editar o valor en Wikidata

Otto Schmidt, de nome completo Otto Iulyevich Schmidt,[1] en alfabeto cirílico ruso Отто Юльевич Шмидт, foi un matemático, xeofísico e explorador soviético.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Schmidt era fillo dun pequeno comerciante que se mudou de casa durante a súa infancia. Educouse en Mahiliou, Odesa e Kíiv até que en 1909 ingresou na Facultade de Física e Matemáticas da Universidade de Kíiv. Graduouse en 1913 e, seguindo os consellos do seu mestre, Dmitri Grave, continuou os seus estudos na propia universidade até obter o doutoramento en 1916 cunha tese sobre teoría de grupos que se publicou en forma de libro.[2] Aínda no período presoviético, e sen deixar o seu traballo docente, uniuse ao crecente movemento cooperativo.[3]

Co triunfo da revolución soviética traballou en varios organismos estatais, sendo membro de varios comisariados populares en San Petersburgo e Moscova.[4] En 1924, cando xa era profesor na Universidade de Moscova, foi nomeado editor xefe da Grande Enciclopedia Soviética. Ese mesmo ano, pasou unha estadía nos Alpes para recuperarse da tuberculose que padecera de neno e que reaparecera de forma intermitente. En 1928 formou parte dunha expedición soviético-alemá aos montes Pamir.[5]

A epopea de Chelyuskin inmortalizada nun selo.

Adquiriu tal reputación como explorador que en 1928 foi posto á fronte dunha expedición para establecer un observatorio xeofísico en Terra de Francisco Xosé, un arquipélago situado no océano Ártico. Desde 1932, foi director da axencia estatal para a ruta do Mar do Norte.[6] En 1933 comandou a expedición do barco Chelyuskin que rematou nunha epopea, co afundimento do barco, cen tripulantes abandonados no xeo e un rescate por avión uns meses despois.[7] Todo isto converteuno nun heroe soviético.[8]

En 1938, propuxo á Academia Soviética de Ciencias a creación dun instituto para a investigación xeofísica teórica, que el mesmo dirixiu até 1949. Hoxe este instituto leva o seu nome: Instituto Schmidt para as Ciencias da Terra. A partir de 1949 a súa saúde deteriorouse progresivamente debido á tuberculose que sufriu na infancia. Porén, seguiu impartindo algunhas conferencias na Universidade de Moscova até a súa morte en 1956.

Alén da súa fama como explorador, Schmidt é lembrado como matemático polo teorema de Krull-Schmidt[9] e como cosmólogo por ter proposto a teoría da acreción para a formación da Terra e os planetas, xunto co astrónomo británico Raymond Lyttleton.[10]

Legado e homenaxes

[editar | editar a fonte]
  • O quebraxeos Anastas Mikoyan recibiu orixinalmente o nome de Otto Iulyevich Schmidt.
  1. "Otto Yulyevich Shmidt; Arctic Expedition, Geography, Hydrography". Britannica (en inglés). Consultado o 2025-06-22.
  2. Diversos autors 2011, p. 7.
  3. Аксенов 2020, p. 9.
  4. Аксенов 2020, p. 10.
  5. Diversos autors 2011, p. 343 i 456.
  6. Diversos autors 2011, p. 344 i 431.
  7. Youngs 2010, p. 134 i ss.
  8. Youngs 2010, p. 147.
  9. Facchini & Sahinkaya 2018, p. 107 i ss.
  10. Woolfson 2000, p. 133 i ss.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Youngs, Tim (2010). "The Conquest of the Arctic: The 1937 Soviet Expedition, en Anka Ryall, Johan Schimanski e Henning Howlid Wærp (eds.)". Arctic Discourses (en inglés). Cambridge Scholars Publishing. pp. 132–151. ISBN 978-1-4438-1959-6. 


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]