Ottilia Ulbricht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOttilia Ulbricht
Biografía
NacementoAlemaña Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaVíctor Muñoz Baijón Editar o valor em Wikidata

Ottilia Ulbricht Protze, foi unha profesora de alemán residente en Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parella de Víctor Muñoz Baijón, chegaron a Galicia ao comezo da ditadura de Primo de Rivera. Instaláronse en Santiago de Compostela cunha academia de idiomas. Cando concluíu os estudos, Víctor Muñoz fíxose cargo da farmacia da rúa Casas Reais. De ambos os dous dicíase que “introduciran o fascismo en Galicia”. Na década de 1930 Víctor fundou a sección da Falanxe Española en Santiago de Compostela con outros camaradas como Fermín Zelada de Andrés Moreno. Partidarios de José Antonio Primo de Rivera, recibírono na súa farmacia das Casas Reais o 16 de marzo de 1935. Alí Primo de Rivera improvisou un mitin ante un centenar de camaradas.[1] Pilar Primo de Rivera visitou Santiago o 5 de febreiro de 1936 para apoiar os nomeamentos de María Laura Colmeiro Laforet como secretaria da Sección Femenina e de Ottilia Ulbricht como tesoureira. Días despois do triunfo da Fronte Popular, varios asaltantes intentaron prender lume á farmacia, e Ottilia púxoos en fuga pistola en man.[1]

O 6 de novembro de 1936 Muñoz foi encarcerado e asasinado en Madrid.

Foi profesora de alemán na Universidade de Santiago de Compostela,[2] no Instituto Arcebispo Xelmírez e no seu propio domicilio.

Ao rematar a guerra presentouse en Santiago de Compostela a muller de Víctor Muñoz, descubríndose que Ottilia só fora a súa amante.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi condacorada coa Y vermella de Falange en 1940.[3] En 1965 foille concedido o Lazo de Dama da Orde Civil de Afonso X o Sabio.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Misterios al descubierto, masones en Santiago" Arquivado 03 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 04/08/2006.
  2. Bonet Correa, Antonio (2013): Discurso Doctorado Honoris Causa. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013.
  3. El Pueblo Gallego, 15-10-1940, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 12-5-1965, p. 16.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "El farmacéutico Víctor Muñoz y la alemana Ottilia Ulbricht introdujeron el fascismo en Compostela" in La Voz de Galicia, 26-1-1988, p. 64, 47.