Fundouse o 27 de abril de 1941, data na que se conmemora en Eslovenia o Día da Rebelión contra o Ocupante. Naceu como unha coalición de distintos grupos antifascistas e nacionalistas iugoslavos cun papel predominante dos comunistas de Tito. O seu símbolo incluía as letras OF sobre a Triglav, a montaña de tres cabezas, pico máis alto do territorio esloveno e símbolo do pan-eslovenismo empregado actualmente no escudo do país.