Ossip Bernstein
Ossip Bernstein | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1882 |
Lugar de nacemento | Zhitomir ![]() |
Falecemento | 30 de novembro de 1962 |
Lugar de falecemento | ![]() |
Soterrado | cemiterio de Bagneux |
Nacionalidade | Francia e Imperio Ruso |
Alma máter | Universidade de Heidelberg e Universidade Nacional da Carcóvia |
Ocupación | Empresario e xogador de xadrez |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ossip Samoilovitch Bernstein, nado o 20 de setembro de 1882 en Zhitomir (Ucraína) e finado o 30 de novembro de 1962 nos Pireneos Franceses, foi un dos máis grandes xadrecistas da historia, que se mantivo nos primeiros dez postos da clasificación mundial desde 1903 ata 1914.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como empresario[editar | editar a fonte]
Nado na Rusia imperial no seo dunha familia de orixe xudía, creceu na atmosfera antisemita da Rusia prerrevolucionaria. Obtivo un doutoramento en Dereito en Heidelberg en 1906 e converteuse nun avogado financeiro.
Foi un destacado home de negocios. A súa fortuna inicial perdeuse na Revolución Bolxevique, pero recuperouse ao pouco tempo, acumulando un importante capital que se reduciu a nada durante a Gran Depresión. Amasou unha terceira fortuna, que volveu perder tras a invasión nazi a Francia.
Como xadrecista[editar | editar a fonte]
Durante a primeira guerra mundial deixou o país para radicarse en Francia e abandonou o xadrez ata mediados da década de 1930. Porén o prolongado da súa inactividade, empezou a xogar habilmente e ata chegou a facer táboas co entón campión mundial e tamén emigrante Alexander Alekhine (+1 -1 =2). Cando a FIDE introduciu o sistema de títulos oficiais en 1950, Bernstein foi acreditado co de Gran Mestre Internacional.
Bernstein posúe paridade de puntuacións con xogadores excepcionais, como o segundo campión mundial Emanuel Lasker (+2 -2 =1), Akiba Rubinstein (+1 -1 =7), Aron Nimzovitsch (+1 -1 =4), Mijail Chigorin (+1 -1 =0) e Salgo Flohr (=3). Con todo, pareceu estar feito a medida para o terceiro campión mundial José Raúl Capablanca, quen o bateu en tres brillantes partidas e a quen só puido empatar nunha oportunidade en todas as veces que se enfrontaron, entre 1911 e 1914.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ossip Bernstein ![]() |