Osorno, Chile
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Chile | ||||
| Rexión | Rexión de Los Lagos | ||||
| Provincia | Provincia de Osorno | ||||
| Comuna | Osorno (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 147.460 (2017) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 951,3 km² | ||||
| Altitude | 39 m | ||||
| Creación | 12 de marzo de 1558 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | municipalidadosorno.cl | ||||
Osorno é un municipio, cidade e comuna de Chile con 145.475 habitantes (INE 2002). Foi fundado en 1558 como municipio e ten unha superficie de 951 km2. Está localizada a 945,8 km ó sur de Santiago de Chile, e 232 km ó oeste da cidade arxentina de San Carlos de Bariloche. É o eixo de unión entre dúas capitais rexionais, Valdivia e Puerto Montt.
Osorno é o principal centro de servizos de agricultura e gandería do norte da rexión de Los Lagos. A herdanza cultural da cidade é unha mestura de influencias españolas, huilliche e alemás.
Historia
[editar | editar a fonte]
Vella Osorno
[editar | editar a fonte]A cidade foi orixinalmente concibida para ser construída en 1553 polo Tenente Xeneral Francisco de Villagra co nome de Santa Marina de Gaete no sitio dunha vila huilliche chamada Chauracavi. Porén, a morte do gobernante Pedro de Valdivia impediu a realización do plan cando estaba a piques de materializarse.
O 27 de marzo de 1558, a cidade foi finalmente fundada polo gobernador García Hurtado de Mendoza, que lle puxo o nome de Villa de San Mateo de Osorno na honra do seu avó, conde de Osorno. Foi destruída polo pobo huilliche en outubro de 1602.
Nova Osorno
[editar | editar a fonte]O 22 de novembro de 1792, Tomás de Figueroa tomou posesión das ruínas da cidade. Baixo as ordes de Ambrosio O'Higgins, Osorno foi reconstruída por Juan Mackenna, e declarouse repoboada en 1796. A O'Higgins, en compensación, foi outorgado o título de Marqués de Osorno.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Barrio de Osorno
-
Catedral de San Mateo
-
Bosque de Chile
-
Estación de esquí Antillanca
-
Estadio Rubén Marcos Peralta
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osorno, Chile |
