Osman Aqçoqraqlı

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOsman Aqçoqraqlı
Nome orixinal(crh) Osman Nuri-Asan oğlu Aqçoqraqlı Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1879 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Bajchisarai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de abril de 1938 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Simferópol Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte non natural Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , folclorista , historiador , epigrafista , arqueólogo , calígrafo , tradutor , turkologist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTavrida National V.I. Vernadsky University (en) Traducir (1922–1934)
Universidade Estatal de San Petersburgo (1899–1901)
Crimean Tatar Pedagogical Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca, Lingua tártara de Crimea, árabe e lingua rusa Editar o valor em Wikidata

Osman Nuri-Asan oğlu Aqçoqraqlı, nado en Bağçasaray o 3 de xaneiro de 1878 e finado o 17 de abril de 1938, foi un escritor, arqueólogo e etnólogo tártaro de Crimea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun calígrafo, viviu na súa cidade natal ata que fixo os quince anos, cando foi a Simferópol para realizar estudos secundarios. No cambio de século traballou en San Petersburgo e alí fixo tamén o servizo militar[1]. En 1906 traballou primeiro xornal en tártaro de Crimea, Terciman. Entre 1907 e 1909 viviu en IstambulO Cairo. Á volta traballou de novo en Terciman (1910-1916). Delegado do Qurultay (Asemblea dos tártaros de Crimea) en 1917, daquela tamén comezou a dar clases, fíxoo na madrasa de Zıncırlıde e na Universidade de Crimea, deu clases primeiro de otomán e caligrafía árabe e máis tarde de etnografía dos tártaros de Crimea no Instituto Pedagóxico de Crimea. A finais da década de 1920 entrou na Academia de Ciencias de Ucraína e en 1921 pola súa iniciativa abriu o museo dedicado a Ismail Gasprinski. In 1937 durante a Gran Purga a NKVD detívoo en Bacú acusado de participar nunha organización nacionalista contrarrevolucionaria. O 17 de abril de 1938 fusilárono canda outros recoñecidos representantes da cultura tártara de Crimea: Asan Sabri Aivazov, Yakub Ablyamitov, Yakub Azizov, Ramazan Alexandrovich, Yagya Bayrashevsky, Usein Bodaninsky, Jafar Gafarov, Kerim Dzhemaledinov, Suleiman Idrisov, Ibraim Ismailov, Abdullah Latif-zade, Fevzi Musanif, Mamut Nedim, Abduraim Samedinov, Ilyas Tarkhan, Server Trupchu, Seitjilil Khattatov e mais Bilyal Chagar[2].

Actividade literaria e científica[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir mentres estaba no exército. En 1899 publicou en San Petersburgo en forma de libro o relato “Nenekecan hanım dürbesi”. Os libros “Krılovdan on qısse” (1900) e “Qırım gönceleri” (1906) inclúen traducións de clásicos rusos. En 1927 estreou a peza teatral “Bağçasaray közyaş çeşmesi”, que representou o Teatro Estatal de Crimea. 

Influenciado pola obra do intelectual crimeano Ismail Gasprinski realizou abonda actividade científica. En 1925 descubriu en Qapsihor con Usein Bodaninsky o manuscrito do poema do século XVII Toğay bey de Mehmed Efendi. Publicou entre outros os traballos  “Qırımnı küçük bir dolaşuv” (1924), “Qart muallim ve yazıcılarımızdan İ. Gasprinskiy” (1925), “Qırımda tatar tamğaları” (1926) ou “Canmuhammedniñ ‘Toğay bey’ poeması” (1930). Como arqueólogo descubriu en Sulkhat, entre 1925 e 1928, 320 lápidas islámicas con inscricións en árabe e turco e 1 xudía[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gülnara Bekirova "Qırım tarihınıñ saifeleri. Osman Aqçoqraqlı" Qırım Aqiqat, 4 de xaneiro de 2016
  2. Бекирова, Гульнара (20 de abril de 2015). "Расстрел 17 апреля 1938 года". Крым.Реалии (en ruso). 
  3. Wolf Moskovich (2008) Jews, Ukrainians and Russians: Essays on Intercultural Relations Hebrew University of Jerusalem, p. 67