Oskar Schlemmer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de setembro de 1888 Stuttgart |
| Morte | 13 de abril de 1943 Baden-Baden |
| Lugar de sepultura | Waldfriedhof Stuttgart (pt) |
| Educación | State Academy of Fine Arts Stuttgart (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pintura, escultura, Coreografía e deseño |
| Ocupación | profesor universitario (1920–1928), escultor, artista gráfico, escenógrafo, coreógrafo, deseñador de vestiario, deseñador de teatro, deseñador, libretista, fotógrafo, pintor, monicrequeiro, realizador |
| Empregador | Bauhaus (1920–1928) Eugeniusz Geppert Academy of Fine Arts (en) |
| Movemento | Bauhaus |
| Profesores | Christian Landenberger |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Primeira Guerra Mundial |
| Participou en | |
| 28 de xuño de 1964 | Documenta III |
| 11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
| 16 de xullo de 1955 | documenta 1 |
| 19 de xullo de 1937 | Degenerate Art Exhibition (en) |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Helena Schlemmer |
| Fillos | Karin Schlemmer, Ute-Jaïna Schlemmer |
| Irmáns | Carl Schlemmer |

Oskar Schlemmer, nado en Stuttgart o 4 de setembro de 1888 e finado en Baden-Baden o 13 de abril de 1943, foi un pintor, escultor e deseñador alemán relacionado coa Escola da Bauhaus.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Stuttgart, tivo unha formación en marquetaría. Entrou na Bauhaus de Weimar en 1920. Traballou durante algún tempo no obradoiro de escultura mural e, despois, no de escultura. A súa obra máis famosa é «Triadisches Ballett» (1922), no que os actores aparecen disfrazados de formas xeométricas. Igualmente en Slat Dance e Treppenwitz, o vestiario dos intérpretes fai deles esculturas vivas, coma se fosen parte do escenario. Tamén para o eido da danza fixo o vestiario de "Blonde Marie" con Trudi Schoop en 1938.[1]
En 1923, foi contratado como mestre do obradoiro de teatro. Cando a Bauhaus se trasladou a Dessau, creou teatros de ensaio.
As súas cartas privadas, especialmente as dirixidas a Otto Meyer e Willi Baumeister, e o seu diario persoal deron valiosas referencias do que ocorría na Bauhaus. Especialmente, fala de como o persoal e os estudantes reaccionaban ós moitos cambios e desenvolvementos que ocorrían na escola.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA.: Los maestros de la pintura occidental, volumen II, Taschen, 2005. ISBN 3-8228-4744-5