Óscar á mellor canción orixinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Oscar á mellor canción")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Oscar á mellor canción orixinal (Academy Award for for Best Original Song) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Oscar. Entrégase aos compositores dunha canción escrita especificamente para un filme. Non se acreditan no premio os intérpretes a menos que contribuísen á composición.

A categoría introduciuse na 7ª edición dos Óscar.

Esta categoría é unha das poucas nas que un filme pode recibir varias candidaturas. Isto conseguiuno por vez primeira Fame en 1980. Catro filmes lograron candidaturas para tres cancións: Beauty and the Beast, The Lion King, Dreamgirls e Enchanted. En xuño de 2008 instaurouse como regra que un filme non podía ter máis de dúas cancións nomeadas.[1]

Na 18ª edición dos Óscar comezou a tradición de interpretar as cancións candidatas na cerimonia de entrega, habitualmente por cantantes diferentes aos orixinais. Por exemplo en 1965 Robert Goulet cantou todas as cancións.

Dende 1973 ofréceselle a actuación na cerimonia en primeiro lugar ao intérprete orixinal, mais nalgúns casos ningún deles pode facelo ou ben os produtores da gala deciden escoller algún outro. Por exemplo, Robin Williams interpretou "Blame Canada" de South Park: Bigger, Longer & Uncut na 72ª edición dos Óscar en lugar de Trey Parker e Mary Kay Bergman (Bergman realmente faleceu meses antes da cerimonia). Na 77ª edición dos Óscar Beyoncé interpretou tres dos temas e a canción "Al otro lado del río" de Diarios de motocicleta, que resultou a gañadora, en lugar de ser cantada por Jorge Drexler, os produtores escolleron a Carlos Santana e a Antonio Banderas, temendo unha baixa audiencia. O discurso de aceptación de Drexler consistiu en cantar unhas liñas da canción a cappella e a frase "thank you" (“grazas”).

Requisitos para a candidatura[editar | editar a fonte]

O requisito orixinal para optar á candidatura era que a canción aparacese nun filme o ano anterior. Esta regra cambiou trala vitoria de "The Last Time I Saw Paris", de Lady Be Good, con música de Jerome Kern e letra de Oscar Hammerstein II. Kern sentiuse molesto porque gañase unha canción que fora publicada antes de ser empregada no filme. Conseguiu finalmente que cambiasen a norma para que só puidesen elixirse cancións "orixinais e escritas especialmente para o filme".[2][3]

Porén, houbo debates con algunhas cancións, como "Falling Slowly", de Glen Hansard e Markéta Irglová, gañadora do Oscar do 2008. A canción aparecía en dous discos previos publicados en agosto de 2006 e febreiro de 2007, pero a comité musical da Academia determinou que estes discos, publicados durante a produción do filme, non cambiaban a elixibilidade da canción.[4] O mesmo ocorrera dous anos antes con "In the Deep" de Crash, que foi escrita para o filme pero publicada antes da estrea nun disco de 2003 de Kathleen "Bird" York.

Candidatos e gañadores[editar | editar a fonte]

1930[editar | editar a fonte]

1940[editar | editar a fonte]

1950[editar | editar a fonte]

1960[editar | editar a fonte]

1970[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores Candidatos
1970 "For All We Know" – Lovers and Other Strangers
– Música: Fred Karlin • Letra: Robb Royer e Jimmy Griffin
1971 "Theme from Shaft" – Shaft
– Música e letra: Isaac Hayes
1972 "The Morning After" – The Poseidon Adventure
– Música e letra: Al Kasha e Joel Hirschhorn
1973 "The Way We Were" – The Way We Were
– Música: Marvin Hamlisch • Letra: Alan Bergman e Marilyn Bergman
1974 "We May Never Love Like This Again" – O coloso en chamas
– Música e letra: Al Kasha e Joel Hirschhorn
1975 "I'm Easy" – Nashville
– Música e letra: Keith Carradine
1976 "Evergreen (Love Theme from A Star Is Born)" – A Star Is Born
– Música: Barbra Streisand • Letra: Paul Williams
1977 "You Light Up My Life" – You Light Up My Life
– Música e letra: Joseph Brooks
1978 "Last Dance" – Thank God It’s Friday
– Música e letra: Paul Jabara
1979 "It Goes Like It Goes" – Norma Rae
– Música: David Shire • Letra: Norman Gimbel

1980[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores Candidatos
1980 "Fame" – Fame
– Música: Michael Gore • Letra: Dean Pitchford
1981 "Arthur's Theme (Best That You Can Do)" – Arthur
– Música e letra: Burt Bacharach, Carole Bayer Sager, Christopher Cross e Peter Allen
1982 "Up Where We Belong" – Un oficial e un cabaleiro
– Música: Jack Nitzsche e Buffy Sainte-Marie • Letra: Will Jennings
1983 "Flashdance... What a Feeling" – Flashdance
– Música: Giorgio Moroder • Letra: Keith Forsey e Irene Cara
1984 "I Just Called to Say I Love You" – The Woman in Red
– Música e letra: Stevie Wonder
1985 "Say You, Say Me" – White Nights
– Música e letra: Lionel Richie
1986 "Take My Breath Away" – Top Gun
– Música: Giorgio Moroder • Letra: Tom Whitlock
1987 "(I've Had) The Time of My Life" – Dirty Dancing
– Música: Franke Previte, John DeNicola e Donald Markowitz • Letra: Franke Previte
1988 "Let the River Run" – Working Girl
– Música e letra: Carly Simon
1989 "Under the Sea" – The Little Mermaid
– Música: Alan Menken • Letra: Howard Ashman

1990[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores Candidatos
1990 "Sooner or Later (I Always Get My Man)" – Dick Tracy
– Música e letra: Stephen Sondheim
1991 "Beauty and the Beast" – Beauty and the Beast
– Música: Alan Menken • Letra: Howard Ashman
1992 "A Whole New World" – Aladdin
– Música: Alan Menken • Letra: Tim Rice
1993 "Streets of Philadelphia" – Filadelfia
– Música e letra: Bruce Springsteen
1994 "Can You Feel the Love Tonight" – The Lion King
– Música: Elton John • Letra: Tim Rice
1995 "Colors of the Wind" – Pocahontas
– Música: Alan Menken • Letra: Stephen Schwartz
1996 "You Must Love Me" – Evita
– Música: Andrew Lloyd Webber • Letra: Tim Rice
1997 "My Heart Will Go On" – Titanic
– Música: James Horner • Letra: Will Jennings
1998 "When You Believe" – The Prince of Egypt
– Música e letra: Stephen Schwartz
1999 "You'll Be in My Heart" – Tarzan
– Música e letra: Phil Collins

2000[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores Candidatos
2000 "Things Have Changed" – Wonder Boys
– Música e letra: Bob Dylan
2001 "If I Didn't Have You" – Monsters, Inc.
– Música e letra: Randy Newman
2002 "Lose Yourself" – 8 Mile
– Música: Eminem, Jeff Bass, e Luis Resto • Letra: Eminem
2003 "Into the West" – The Lord of the Rings: The Return of the King
– Música e letra: Fran Walsh, Howard Shore, e Annie Lennox
2004 "Al otro lado del río" – Diarios de motocicleta
– Música e letra: Jorge Drexler
2005 "It's Hard out Here for a Pimp" – Hustle & Flow
– Música e letra: Jordan Houston, Cedric Coleman e Paul Beauregard
2006 "I Need to Wake Up" – An Inconvenient Truth
– Música e letra: Melissa Etheridge
2007 "Falling Slowly" – Once
– Música e letra: Glen Hansard e Markéta Irglová
2008 "Jai Ho" – Slumdog Millionaire
– Música: A. R. Rahman • Letra: Gulzar
2009 "The Weary Kind" – Crazy Heart
– Música e letra: Ryan Bingham e T-Bone Burnett

2010[editar | editar a fonte]

Ano Gañadores Candidatos
2010 "We Belong Together" – Toy Story 3
– Música e letra: Randy Newman
2011 "Man or Muppet" – The Muppets
– Música e letra: Bret McKenzie
2012 "Skyfall" – Skyfall
– Música e letra: Adele e Paul Epworth
2013 "Let It Go" – Frozen
– Música e letra: Kristen Anderson-Lopez e Robert Lopez

Nota: A candidatura de "Alone Yet Not Alone" de filme homónimo, escrito por Bruce Broughton e Dennis Spiegel, foi revogada antes da votación.[5]

2014 "Glory" – Selma
– Música e letra: John Legend e Common
2015 "Writing's on the Wall" – Spectre
– Música e letra: Jimmy Napes e Sam Smith
2016 "City of Stars" – La La Land
Música de Justin Hurwitz, letra de Benj Pasek e Justin Paul
2017 ""Remember Me"" – Coco
Música de Kristen Anderson-Lopez e Robert Lopez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Academy press release
  2. Susan Sacket, "1941: 'The Last Time I Saw Paris'", Hollywood Sings!, Billboard Books, Nova York, 1995, pp. 42–43.
  3. Rule Fifteen: Special Rules for the Music Awards Regras para a 86ª edición dos Óscar
  4. ""Once" Again, a Legit Nominee". The New York Times. 29 de xaneiro de 2008. 
  5. Feinberg, Scott (29 de xaneiro de 2014). "Academy Disqualifies Oscar-Nominated Song 'Alone Yet Not Alone'". The Hollywood Reporter. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]