Os novos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Young Ones
FormatoComedia de situación, comedia alternativa
Creado porRik Mayall
Lise Mayer
Ben Elton
Alexei Sayle
IntérpretesAdrian Edmondson
Rik Mayall
Nigel Planer
Christopher Ryan
Alexei Sayle
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Episodios12 (2 tempadas)
Produción
Duración35 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeBBC2
Primeira emisión9 de novembro de 1982
Derradeira emisión19 de xuño de 1984
Ligazóns externas
Ficha na IMDb

Os novos (título orixinal en inglés: The Young Ones) é unha comedia de situación británica que se emitiu entre 1982 e 1984 na BBC Two. O seu humorismo anárquico e inconformista axudou a desenvolver a comedia alternativa na televisión da década de 1980 e converteu en coñecidos aos seus actores e guionistas. Foi traducida ao galego por Lois Pereiro na súa primeira dobraxe, e por María Alonso na segunda emitida na TVG.

Características[editar | editar a fonte]

Os protagonistas principias son catro estudantes que comparten unha casa, un violento fan do metal punk Vyvyan, interpretado por Adrian Edmondso, o fachendoso anarquista Rick (Rik Mayall), o hippie Neil (Nigel Planer) e o sofisticado Mike (Christopher Ryan). Tamén intervén Alexei Sayle, interpretando o caseiro, Jerzy Balowski, e outros membros da familia Balowski. Ambientada no norte de Londres, aínda que a maioría dos exteriores se gravaron en Bristol. Cada episodio incluía un segmento musical no que actuaban na casa ou na rúa grupos convidados.

Na serie combínase o estilo tradicional dunha comedia de situación co slapstick violento, o absurdo e o surrealismo mesturados con esteotipos das clases traballadores e baixas británicas.

Capítulos[editar | editar a fonte]

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

  1. Demolición
  2. Petróleo
  3. Aburrimento
  4. A bomba
  5. Interesante
  6. Asolagamento

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

  1. Bambi
  2. Efectivo
  3. Noxento
  4. Tempo
  5. Doentes
  6. Vacacións de verán