Saltar ao contido

Os dez mandamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Dez mandamentos.

Os dez mandamentos
 Título
   The Ten Commandments (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Póster de filme
(1956)
 Instancia de
 Parte de
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Elenco
Yvonne De Carlo (Zípora (pt) Traducir)
John Derek (Xosué)
Irene Martin (en) Traducir (Tuya (pt) Traducir)
Cedric Hardwicke (Seti I)
Yul Brynner (Ramsés II)
Ian Keith (pt) Traducir (Ramsés I (pt) Traducir)
Anne Baxter (Nefertari (pt) Traducir)
Charlton Heston (Moisés, Yahweh)
Fraser Clarke Heston (pt) Traducir (Moisés)
Olive Deering (pt) Traducir (Miriã (pt) Traducir)
Donald Curtis (pt) Traducir (Merede (pt) Traducir)
Martha Scott (Joquebede (pt) Traducir)
Eduard Franz (Jetro (pt) Traducir)
Douglass Dumbrille (Jannes (en) Traducir)
Lawrence Dobkin (pt) Traducir (Hur (pt) Traducir)
Julia Faye (Eliseba (pt) Traducir)
Paul De Rolf (pt) Traducir (Eleazar (pt) Traducir)
Edward G. Robinson (Datã (pt) Traducir)
Nina Foch (Bithiah (en) Traducir)
John Carradine (Arón)
H. B. Warner (Aminadabe (pt) Traducir)
Frank de Kova (Abirão (pt) Traducir)
Stanley Price (pt) Traducir
Robert Bice (pt) Traducir
Ken Terrell (pt) Traducir
Harry Lewis
Tom Nolan (pt) Traducir
Mickey Simpson
Frank Hagney (pt) Traducir
Eugenia Paul (pt) Traducir
Franklyn Farnum (pt) Traducir
Steve Darrell (pt) Traducir
Ric Roman (pt) Traducir
Norman Leavitt (pt) Traducir
Stuart Randall
Peter Baldwin
Robert Fuller (pt) Traducir
Ethan Laidlaw (pt) Traducir
Dan White
Neyle Morrow (en) Traducir
Jon Peters
John Milford (pt) Traducir
Norman Bartold
Eddie Kane
Herbert Heyes (pt) Traducir
John Hart (pt) Traducir
George Robotham (pt) Traducir
Michael Mark (pt) Traducir
Paul Wexler (pt) Traducir
Carl Switzer (pt) Traducir
Harry Landers
Edmund Penney
Anthony Eustrel (pt) Traducir
Matty Fain (en) Traducir
Charlotte Knight (pt) Traducir
Mary Ellen Kay
Madge Meredith (pt) Traducir
Charles Stevens (pt) Traducir
Nicholas Minardos (pt) Traducir
Joe Gray (pt) Traducir
Ted Allan (pt) Traducir
Than Wyenn
Emmett Lynn (pt) Traducir
Gordon Mitchell (pt) Traducir
Jack Mather
George Khoury (pt) Traducir
Zebedy Colt (pt) Traducir
John Merton (pt) Traducir
Peter Coe
John Miljan (pt) Traducir
Joan Woodbury
Gavin Gordon (pt) Traducir
Francis McDonald (pt) Traducir
Luis Alberni (pt) Traducir
Paul Harvey (pt) Traducir
Michael Ansara (pt) Traducir
Arthur Batanides (pt) Traducir
Joanna Merlin
Edward Earle (pt) Traducir
Dorothy Adams (pt) Traducir
Henry Corden (pt) Traducir
Vincent Price
Judith Anderson
Debra Paget
Mimi Gibson (pt) Traducir
Cecil B. DeMille
Lillian Albertson (pt) Traducir
Henry Wilcoxon (en) Traducir
Woody Strode
Adeline De Walt Reynolds
Richard Farnsworth
Peter Hansen
Kay Hammond (pt) Traducir
Keith Richards
Addison Richards (pt) Traducir
Hallene Hill
George Melford
Onslow Stevens
Frank Wilcox
Clint Walker
Robert Vaughn
Frankie Darro (pt) Traducir
Harry Lewis Woods (pt) Traducir
Peter Mamakos
Maude Fealy
Baynes Barron (pt) Traducir
E. J. André (en) Traducir
Serena Sande (en) Traducir
Kenneth MacDonald
Henry Brandon (pt) Traducir
Mike Connors
Bobby Clark
Edna Mae Cooper (pt) Traducir
Rus Conklin Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
26 de novembro de 1960 (Estocolmo)
5 de outubro de 1956 (Estados Unidos)
17 de febreiro de 1958 (Alemaña)
1956 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar ao mellor filme en cor (18 de febreiro de 1957)
Academy Award for Best Art Direction, Color (en) Traducir (18 de febreiro de 1957)
Óscar ó mellor son (18 de febreiro de 1957)
Óscar ó mellor filme (18 de febreiro de 1957)
Óscar á mellor montaxe (18 de febreiro de 1957)
Óscar ao mellor vestiario de cor (18 de febreiro de 1957)
Óscar aos mellores efectos especiais (18 de febreiro de 1957) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Custo
   13.500.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   220 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF256149106172068491183 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0k4kk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
84% Rotten Tomatoes (8 de xaneiro de 2026)
7.6/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0049833 Filmaffinity: 598480 Allocine: 81064 Rottentomatoes: m/1021015-ten_commandments Mojo: tencommandments Allmovie: v49007 TCM: 92507 TV.com: movies/the-ten-commandments-1956 Netlix: 60000344 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os dez mandamentos[1] (en inglés: The Ten Commandments) é un filme épico e relixioso estadounidense de 1956 producido, dirixido e narrado por Cecil B. DeMille[2] rodado en VistaVision (cor de Technicolor), e estreado por Paramount Pictures. Baséase na novela de 1949 Prince of Egypt de Dorothy Clarke Wilson,[3] a novela de 1859 Pillar of Fire de J. H. Ingraham,[4] a novela de 1937 On Eagle's Wings de A. E. Southon,[5] e o Libro do Éxodo. Os dez mandamentos é unha versión dramatizada da historia bíblica de Moisés, un príncipe exipcio adoptado que se converte no libertador do seu verdadeiro pobo, os hebreos, e lidéraos no Éxodo cara ó monte Sinaí, onde recibe de Deus os Dez mandamentos. O filme está protagonizado por Charlton Heston no papel principal, Yul Brynner como Ramsés, Anne Baxter como Nefertari, Edward G. Robinson como Datán, Yvonne De Carlo como Séfora, Debra Paget como Lilia e John Derek como Xosué; ademais tamén aparecen Cedric Hardwicke como Seti, Nina Foch como Bithiah, Martha Scott como Iochabel, Judith Anderson como Memnet e Vincent Price como Baka, entre outros.[2]

Filmado en localizacións de Exipto, como o monte Sinaí e a península do Sinaí, o filme foi unha das derradeiras e máis exitosas obras de DeMille.[6] É un remake parcial do filme mudo homónimo de 1923, e conta cun dos meirandes escenarios xamais creados para un filme.[6] Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de novembro de 1956, e no momento da súa estrea, foi o filme máis caro xamais feito.[6]

Moisés, acabado de nacer, é recollido do río pola filla do faraón, Bitia. Ela adóptao e críao na corte real. Cando Moisés medra, gaña o aprecio do faraón Seti, pai de Nefertari, e de Ramsés, o que desgusta a este, o futuro Ramsés II. Mais Moisés un día descobre a súa orixe hebrea e coñece a súa verdadeira familia, o que o leva a deixar a súa vida como príncipe, converténdose en escravo.

Moisés salva da morte outro escravo, Xosué, ao matar o cruel e abusivo arquitecto Baka, e é expulsado de Exipto polo faraón. Ten que cruzar o deserto para chegar a terras dos pastores de Madián, e convértese en pastor e forma unha familia con Séfora, filla de Xetró, un dos xeques de Madián.

Mais o desexo de Deus é que libere os hebreos da escravitude, e un día chama a Moisés por medio dunha matogueira ardendo e revélalle a súa palabra. Moisés regresa a Exipto, onde Ramsés, casado con Nefertari, se converteu no faraón trala morte do seu pai. Moisés pídelle que libere o seu pobo, mais ante a negativa do faraón fai caer as dez pragas preparadas por Deus. Só a última, que provoca a morte dos primoxénitos de Exipto e polo tanto o seu, fai que Ramsés ceda.

Cando os xudeus de Exipto escoitan a revelación de Deus, Moisés guía o seu pobo cara ao deserto despois da noite en que o Anxo da Morte quitou a vida dos primoxénitos. Porén, Ramsés vese influído pola súa esposa Nefertari, que endurece de novo o seu corazón e decide acabar cos hebreos. Mais grazas ao poder divino, Ramsés perde todo o seu exército no mar Vermello, cubríndoo coas augas. Ramsés comprende entón que o Deus de Moisés é o verdadeiro Deus.

Nas chairas do Sinaí, Moisés ascende á montaña sagrada para recibir os Dez Mandamentos que rexerán a vida do pobo de Israel agora liberado. Con todo, ao ver que se demora 40 días e 40 noites na montaña, os hebreos desespéranse e caen na tentación de construír un becerro de ouro ao que adorar. Ao regresar Moisés e descubrilos, desátase a súa ira e lánzalles as táboas da lei, ademais de seren condenados por Deus a vagar durante corenta anos polo deserto.

Moisés termina a súa vida en Moab proclamando a liberdade da Terra e dos seus habitantes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. @. "Esta noite, escoita a voz de Deus en galego, falándolle a Charlton Heston en Os dez mandamentos" (Chío). Consultado o 31 de marzo de 2021 vía Twitter.
  2. 1 2 "The Ten Commandments". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2016.
  3. Wilson, Dorothy Clarke (1949). Prince of Egypt (1st ed.). Londres: Westminster Press. ISBN 978-1938659034.
  4. Ingraham, J.H. (2013). The Pillar of Fire (Release ed.). India: Palala Press. ISBN 978-1340906429.
  5. Southon, A.E. (1939). On Eagles' Wings. Oxford: Lowe and Brydone. OCLC 1436234.
  6. 1 2 3 "A Close Call for Mr. De Mille". Life: 115. 12 de novembro de 1956. Consultado o 5 de setembro de 2013.
  7. Willman, Chris (8 de abril de 2008). "Charlton Heston: The EW Q&A". Entertainment Weekly. Consultado o 1 de xuño de 2019.
  8. "Riselle Bain: Called by the spotlight". Sarasota Herald-Tribune. Sarasota, Florida: New Media Investment Group. 22 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2014. (front page newspaper story with video, Sarasota, Florida) Photo as Miriam Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]