Os coristas
Aparencia
| Os coristas | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
Os coristas (en francés: Les Choristes) é un filme francés dirixido por Christophe Barratier que se estreou no 2004.
Estreouse en galego o 13 de agosto de 2025 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]En 1948, Clément Mathieu, profesor de música desempregado, acepta un posto como profesor vixiante nun internado de reeducación de menores. O sistema represivo aplicado polo director conmociona a Mathieu. Ensinándolles música e canto a estes nenos, Mathieu acabará por transformar tamén o seu comportamento e ofreceralles unha saída á gris realidade que viven.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gérard Jugnot como Clément Mathieu
- François Berléand como Rachin
- Kad Merad como Chabert
- Jean-Paul Bonnaire como Maxence
- Marie Bunel como Violette Morhange
- Jean-Baptiste Maunier como Pierre Morhange
- Maxence Perrin como Pépinot
- Grégory Gatignol como Mondain
- Cyril Bernicot como Le Querrec
- Jacques Perrin como Morhange de adulto
- Didier Flamand como Pépinot de adulto
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2004: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor filme de fala non inglesa, canción orixinal.
- 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor filme de fala non inglesa.
- 2004: 3 nomeamentos ós BAFTA: Música, filme de fala non inglesa e guión adaptado.
- 2004: Nomeada ó Goya: Mellor filme europeo.
- 2004: 2 premios Cesar: Mellor música, son. 8 nomeamentos.
- 2004: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme europeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @DobraxeGalega, ed. (13 de agosto de 2025). "Hoxe as 00:20 estrea de Os coristas na TVG". Consultado o 13 de agosto de 2025.