Os celos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os celos son unha resposta emocional que xorde cando unha persoa percibe unha ameaza cara a algo que considera como propio. Comunmente denomínase así á sospeita ou inquietude ante a posibilidade de que a persoa amada poña atención en favor doutra. Tamén se coñece así o sentimento de envexa cara o éxito ou posesión doutra persoa.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

A psicoloxía actual explica que os celos son unha resposta natural ante a ameaza de perder a unha relación interpersoal para a persoa celosa. Os celos parecen estar presentes en todas as persoas. Unha característica que parece demostrarse nesas persoas celosas é ter trazos de egoísmo. Os celos tamén teñen relación coa vergoña que é unha resposta natural do organismo. Moitas delas, unha vez que as padecen, sorpréndense de si mesmos xa que nin sequera sospeitaban que as padecesen. Os celos poden ser saudables cando o que se demanda é algo que se debe facer sobre unha base de equidade na parella; con todo acudir a este tipo de condutas reflexa carencias persoais moi profundas. O celo carnal exprésase cando se fan demandas inadecuadas e cando exercen sentimentos enfermizos porque as demandas non son satisfeitas.

Este sentimento reflicte certa inseguridade emocional por perder dominio ou sentir menoscabo nunha relación interpersoal. Os celos maniféstanse ante a aparición dunha situación ou persoa que o eu máis interno ordena como moito máis dominante e competitivo. Os celos provocan que o suxeito que os padece se sinta vulnerado e exerza un predominio da persoa obxecto do celo, atrapando unha rede de circunstancias opresivas tales coma privala de liberdade, illala, seguila ao traballo, revisar as súas relacións externas, buscar unha evidencia de traizón etc.

Celos patolóxicos[editar | editar a fonte]

Os celos mal levados ó extremo constitúen unha patoloxía fortemente autodestrutiva; o suxeito que padece esta enfermidade "vive" nun estado de infelicidade, en función dos seus medos e sospeitas de engano, moitas veces completamente infundados e practicamente non acepta outra condición de verdade que non sexan as evidencias que confirman a súa inseguridade na relación. Os celos patolóxicos poden manifestarse indistintamente en homes ou mulleres.

Os celos causan moitas angustias e infelicidade e provocan dano ao ser obxecto do celo, mesmo ata provocar unha resposta física de agresión desmedida rematando, na reclusión (secuestro), no asasinato ou na agresión física. Este nivel de celo é moi difícil de curar e as persoas que o padecen teñen grandes posibilidades de chegaren a situacións extremas se non se someten a un especialista. Existen países coma España que tomaron medidas no asunto debido á gran cantidade de casos de violencia de xénero causada polos celos. O remedio está baseado na recuperación da confianza na relación de parella e da seguridade de si mesmo recoñecendo o espazo vital que toda parella debe ter e que non debe ser invadida polo outro. A prevención está relacionada coa aprendizaxe durante a infancia dos valores da tolerancia, o respecto e o recoñecemento dos dereitos do outro. Ademais, tamén se poden previr cunha boa comunicación na parella. Unha vez desenvolvidos os celos, a terapia psicolóxica pode ser moi útil. Se hai unha patoloxía, a terapia psicolóxica debe abordala. Nos casos de delirio, o enfoque é farmacolóxico.

Tipos de celos[editar | editar a fonte]

  • Celos de confraternidade: son os chamados celos dun fillo que vai ter un irmán.
  • Celos xuvenís: están presentes en relacións xuvenís na adolescencia, en situacións de competencia na busca de parella..
  • Celos amorosos: é o máis común de todos, moitos filósofos, científicos, relixiosos, grandes eruditos e neurólogos defenden a teoría de que os celos son a envexa e o egoísmo dunha persoa atraída polo sexo oposto que está a ser pretendida por outro individuo do seu mesmo xénero. e dicir: home namorado + muller + outro home namorado da mesma muller é igual a celos, e a viceversa. Moitos concordan que os celos dos varóns son máis grandes que os celos das mulleres, xa que o seu cerebro ten máis ampla a hipófise, que controla este sentimento, e a testosterona fai que o seu instinto de procreación e protección cara a súa femia o fagan perder máis doadamente a cordura, e ingresar aos celos.

Celos sen parella[editar | editar a fonte]

Nalgúns casos pódese sentir celos sen ter parella; pode ser dun compañeiro/a de traballo ou escola de quen se teña certa atracción. É un dos problemas sentimentais máis comúns entre os adolescentes e a xuventude.

As relacións amorosas ocupan unha boa parte do tempo e espazos mentais. Cando se vive situacións de celos, exclusión e abandono, experimenta un enorme sufrimento.

Puntos de vista da antropoloxía[editar | editar a fonte]

A psicoloxía evolucionista clásica admite que os celos son un fenómeno universal propio da especie humana, con diferenzas debidas ao xénero da persoa baseándose no suposto de que a especie viviu sempre en contextos de emparellamentos monogámicos, certeza sobre á paternidade e dependencia material e simbólica (alimentación, seguridade, status) da muller con respecto ao varón. Así os celos das mulleres deberían estar motivados pola "infidelidade" emocional do varón (unha forma de reaccionar á posibilidade de que o varón deixe de ser o seu provedor) e os celos do varón, pola infidelidade sexual da muller (unha forma de reaccionar á posibilidad de estar provendo a fillos que non teñen a súa carga xenética).

Van Sommers ofrece unha mirada híbrida. Sobre a base do estudo de primates xeneticamente próximos aos humanos, que non parecen presentar comportamentos celosos, conclúe que non hai un imperativo biolóxico para os celos e que estes son un produto basicamente cultural, pero o feito de que en todas as sociedades onde se dan relacións sexuais "emocionalmente cargadas" se impoñen os celos adultos e as dificultades que experimentaron individuos e grupos da nosa sociedade que intentaron evadilos, parece indicar que hai raíces biolóxicas para os celos[1].

Celos en animais[editar | editar a fonte]

Os animais son incapaces de sentir celos propiamente tal. Designan a actitude de apropiación do animal cara a este tipo de actividades valiosas coma os celos, constitúe unha antropormorfización é un erro moi frecuente, sobre todos nos donos das mascotas. Sentir celos, envexa, obsesión, amor etc... implica procesos cognitivos que os animais non posúen.

Os animais están deseñados pola natureza para competir por recursos valiosos, e a máxima competencia vén dos seus pares, pois estes contas coas mesmas vantaxes competitivas. A atención e o cariño do amo foron fundamentais para o éxito adaptativo e consecuente reprodución do animal. Por este motivo os cans, gatos e outros animais mascotas están moi dispostos a competir, mesmo de forma agresiva, pola atención e cariño do dono.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. BUSS, 1993 Citado por FERNÁNDEZ, Ana María y otros. Diferencias sexuales en los celos En Universitas Psychologica Bogotá Colombia 2 (2) 101-107 julio-diciembre 2003