Os burgueses de Calais (en francés:Les Bourgeois de Calais) é unha escultura que representa os seis burgueses que en 1347, a comezos da Guerra dos Cen Anos (1337-1453), ofreceron as súas vidas para salvar os habitantes da sitiada cidade francesa de Calais. O escultor Auguste Rodin recibiu en 1885 o encargo de crear un monumento conmemorativo deses homes na cidade. Despois de case catro anos de traballar en bosquexos, a escultura estivo lista en 1888 para finalmente ser rematada e inaugurada en 1895.
Na actualidade hai varias copias desta famosa escultura en todo o mundo.